Troco de imaxe

Finais de septembro e a porra meteorolóxica de eltiempoentuojete volta coma cada ano. Ésta vai ser a sexta edición da competición máis importante das que conforman o universo de eltiempoentuojete. Durante 25 xornadas e case seis meses de dura loita, descubriremos os lugares con máis encanto de Galicia. Tamén os máis fríos, ventosos, chuviosos e xiados. Con névoa, tormentosos, solleiros…

O perfil da VI Liga da Inverneira de Galicia comeza no outono nas costas atlántica e cantábrica. Cara o mes de decembro atoparemos as primeiras dificultades montañosas, que nos acompañarán ata finais de xaneiro nunha ruta polas provincias do interior do país. O tramo final corresponde á mítica meteorolóxica. Pasaremos polas estacións máis chuviosas estadísticamente, algunha xornada trampeira con posibilidade de névoas ou tormentas e o agardado chimpo ó monte Xesteiras, en Cuntis.

Temos varias curiosidades na web que podemos ir adiantando. Polo tanto, podes fuchicar o que queiras na páxina.

Agardamos contar cun sistema real de xornada ao vivo. Dentro da mesma web poderás coñecer en directo tanto o que sucede na estación meteorolóxica, coma os trocos na távoa de resultados da xornada. Por se fora pouco, publicarase tamén unha clasificación xeral actualizada minuto a minuto (ou cada dez, como fai meteogalicia).

Suponse que está todo máis organizado, pero estando sen rematar, esperamos nos achegues a tua opinión, xunto con posibles faios que atopes ou melloras para implementar a web. O noso correo electrónico: eltiempoentuojete@gmail.com

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *