Entorno
Chegamos ata a sexta xornada da VII Liga de Primaveira. O lugar establecido é Moss Vale, na rexión das Southern Highlands. Unha das poucas etapas de interior nesta edición.
Seica foi un pastor, Jemmy Moss, o que lle deu o nome á cidade. Ainda que a industria leiteira e cárnica ainda está moi presente, a pequena e mediana industria manufacturera é o que tira do carro na actualidade, con plantas de materiais de construcción ou distribuidoras de libros. A inmigración de orixe chinesa tamén trouxo pequenos comercios independientes.
O pobo aborixe Gundangara eran os residentes da zona antes do seu exterminio da década de 1870, a raiz da perda dos territorios de caza a mans dos colonos europeos. Dende 1798 o territorio foi explorado por moitos expedicionarios, na sua maioría exconvictos. O auxe da zona chegou canda o ferrocarril, cara 1870. Moss Vale é a estación principal da Liña Ferroviaria Southern Highlands.
Localización
Datos da estación
A Estación Moss Vale está ubicada a -34,31º de latitude e 150,25º de lonxitude e a unha altitude de 679 metros. Situada, daquela, na división Illawarra, no estado de New South Wales, foi dada de alta en 2001.