Será de secano?

A 4ª etapa da iga da Inverneira lévanos ata A Armenteira, no concello de Meis, na comarca do Salnés, terra do Albariño e outros brancos. Semela que desta vez non imos ter sorpresas en forma de chuvia coma na etapa anterior, pero non se pode descartar, nin tampouco outros imprevistos no resto de parámetros. A primeira vista, esta é unha etapa de transición.

As apostas en temperatura máxima están bastante abertas, indo dende os 18 ata os 23º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 8 e os 13º C., unha oscilación semellante. A precipitación é un parámetro pechado, con somentes unha aposta con chuvia, con 1 litro o mesmo fulano da semana pasada . Mentras. os refachos de vento van dende os 20 ata os 63 km/h., sendo un parámetro bastante aberto.

Semella compricado predicir vencedores con estas diferenzas de carácter medio en case tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 02:30 horas do lunes. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 02:30 da madugada do domingo, o levar Meteogalicia 2 horas e media de retraso no aporte de datos con respecto ó horario de Galicia.

As apostas:

Será de secano? Ler máis »

Secano mentireiro

Seica as axencias meteorolóxicas oficiais non atinaron esta fin de semana no concello de Oia. Despóis de que todas elas marcaran a xornada como seca, a estación de Castro Vicaludo refrexou 5 litros no domingo, con chuvia piollenta e, as veces, de media intensidade pero nun tramo longo do día. Non foi unha tormenta illada. A suma das apostas de chuvia era de 1 litro, polo que podemos dicir que o faio estivo nas axencias oficiais. As temperaturas estiveron dentro do agardado e o vento foi frouxo para o que adoita soprar nestas alturas ó nivel do mar.

As temperaturas non tiveron excesiva amplitude, cunha máxima de 18º C. e unha mínima de 13º C. A presenza da chuvia era de probabilidade escasa ou nula, pero o final do día o pluviómetro amosou un total de 5 litros. O vento marcou un refacho máximo de 22 km/h., unha cifra baixa para o apostado pola maioría.

Despóis de sumados os puntos, atopámonos con 2 gañadores con 53 puntos. Tanto Xowi coma Rasdgar non tiñan auga no seu casilleiro. Xowi perdeu 2 puntos nas temperaturas e mallou o refacho, o que o introduce no Top-10 no 9º posto. Ó pé dese Top sitúase Rasdgar, quen perdeu 1 punto na temperatura mínima e outro no refacho. Semella que gañan en tranquilidade e a ambición volverá ó seu xogo.

Ata 5 xogadores comparten a segunda mellor marca da xornada con 52 puntos. GAFW segue a rendir a un alto nivel na súa estrea na liga e, despóis do fiasco en Penedo do Galo semella recuperarse e ocupa a 20ª praza. Magor sube ata o posto 14, onde se atopa cun grupo compacto onde pode mellorar praza. Compoñente Sur segue a destacar e esta semana entra no Top-5. Angeramunsiiño retoma o camiño despóis de ser o único con aporte de chuvia en Oia e establécese no 13º lugar. Mina, con este resultado entra no derradeiro posto do Top-10, encauzando a súa actuación neste inicio de liga.

E con 51 puntos temos a 3 compoñentes do Top-5, encabezados polo líder Botikas, o segundo da táboa Julio e Popolo, acompañados por Bar Pequeno, que busca a remontada dende máis aló do posto 20.

Mención especial a Enrico Ferni, que de non estar penalizado por tardoso sería o gañador en soidade desta semana.

Estas son as 11 posicións principais na clasificación desta semana en Castro Vicaludo. Para acadar tódolos datos recollidos na 3ª e chuviosa etapa da XIII Liga da Inverneira, pica na ligazón baixo este texto.

Secano mentireiro Ler máis »

Tempo de secano

Esta terceira xornada da Liga da Inverneira ven, a priori, con escaseza de chuvia. O cumio de Castro Vicaludo, ó carón do mar váise decidir nos parámetros de chuvia e vento. Imos ver se o líder da xeral segue a impoñer a súa man de ferro ou, pola contra, empezan a asomar outros candidatos coa forza necesaria para opoñer a resistencia que dé á cmpetición a emoción que precisa.

As apostas en temperatura máxima están bastante abertas, indo dende os 16 ata os 22º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 10 e os 16º C., tamén con bastante oscilación A precipitación é un parámetro pechado, con somentes unha aposta con chuvia, con 1 litro. Mentras. os refachos de vento van dende os 17 ata os 51 km/h., sendo un parámetro tamén bastante aberto.

Semella compricado predicir vencedores con estas grandes diferenzas en case tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 02:30 horas do lunes. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 02:30 da madugada do domingo, o levar Meteogalicia 2 horas e media de retraso no aporte de datos con respecto ó horario de Galicia.

As apostas:

Tempo de secano Ler máis »