Política de Privacidade

Esta é a Política de Privacidade de eltiempoentuojete. Estamos obrigados a advertir sobre este tema e tentamos cumprir coa Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Pode semellar confuso, pero tentamos facelo entendible. Se atopas faios ou coñeces melloras, envía un mail á dirección eltiempoentuojete@gmail.com 

Identidade do responsable

eltiempoentuojete está xestionado por Francisco Lores Torres, DNI nº 44075144Z. Encargado do mantemento, e tamén autor principal da web. Con domicilio en Pontevedra, podes contactar comigo na páxina de Contacto da web. eltiempoentuojete celebra regulares competicións meteorolóxicas ó redor do mundo e estudios climáticos e etnolóxicos dos lugares visitados.

Lexislación aplicable

A actividade da páxina está suxeita á lexislación española e europea, especialmente á Ley Orgánica de Protección de datos, a normativa española. O  Reglamento General de Protección de datos (RGPD) coma normativa europea.

Condicións xerais

O acceso e uso do sitio web implica a plena e expresa aceptación destas condicións xerais na versión publicada no momento en que o usuario acceda ao mesmo, sen prexuízo das condicións particulares que puidesen aplicarse nalgúns dos servizos concretos do sitio web.

O usuario acepta que o acceso ao presente sitio web e dos contidos incluídos no mesmo ten lugar libre e conscientemente, baixo a súa exclusiva responsabilidade.

Os usuarios acceden a eltiempoentuojete de maneira libre e gratuíta. Aínda así, eltiempoentuojete resérvase o dereito de limitar o seu acceso para determinados contidos ou servizos, esixindo o rexistro dos seus datos previamente ao acceso.
eltiempoentuojete resérvase o dereito para modificar en calquera momento a presentación, configuración e localización do sitio web. Así como os contidos, servizos e as condicións requiridas para utilizar os mesmos cando o considere oportuno ou coa finalidade de adecuarse aos cambios lexislativos e tecnolóxicos futuros.

Estas modificacións serán válidas dende a súa publicación no sitio web.
eltiempoentuojete resérvase o dereito para interromper o acceso ao presente sitio web en calquera momento e sen previo aviso. Sexa por motivos técnicos, de seguridade, de control, de mantemento, por fallos de subministración eléctrica, ou por calquera outra causa. Dita interrupción poderá ter carácter temporal ou definitivo.

Nese caso comunicarase tal circunstancia aos usuarios. Éste poderá sufrir a perda, no seu caso, da información almacenada nos distintos servizos, sen dar lugar a indemnización algunha.
eltiempoentuojete comprométese a NON ENVIAR COMUNICACIÓNS COMERCIAIS SEN IDENTIFICALAS COMO TALES, conforme ao disposto na Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e de comercio electrónico.

Para estes efectos non será considerado como comunicación comercial toda a información que se envíe os usuarios de eltiempoentuojete sempre que teña por finalidade o mantemento da relación existente entre usuario e eltiempoentuojete, así como o desempeño de tarefas de información e actividades propias.

Política de privacidade

eltiempoentuojete informa seguidamente da súa política de privacidade aplicada aos datos persoais. Desta maneira, todos os datos persoais que teña baixo a súa responsabilidade serán tratados de acordo coa Lei 15/1999, 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal. Gardaranse as debidas medidas de seguridade e confidencialidade dos mesmos.
A visita do sitio web eltiempoentuojete non implica que o usuario deba fornecer información algunha respecto a a súa identidade, non podendo ser asociada a un usuario concreto pola web.

No suposto que se forneza datos de carácter de persoal, estes datos serán recollidos e utilizados conforme ás limitacións e os dereitos recollidos na citada norma de protección de datos.

Os usuarios que faciliten datos de carácter persoal consenten de forma clara, exacta e inequívoca as presentes condicións.

  1. Recollida de datos. A recollida de datos de carácter persoal realizarase única e exclusivamente a través dos formularios publicados na web e dos correos electrónicos que os usuarios poidan remitir a eltiempoentuojete que serán incluídos nun ficheiro.
    eltiempoentuojete conservará os seus datos unha vez finalizada a relación co usuario para cumprir as obrigacións legais necesarias. Á súa vez, procederá á cancelación dos datos recollidos cando deixen de ser necesarios para a finalidade para a que foron solicitados. 
  2. Seguridade da información. eltiempoentuojete puxo tódalas medidas técnicas ó seu alcance, previstas na normativa de protección de datos de carácter persoal para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e subtracción dos datos de carácter persoal facilitados polo usuario ou visitante. Con todo, o usuario ou visitante debe ser consciente de que as medidas de seguridade na internet non son inexpugnables.
  3. Confidencialidade e Segredo profesional. As comunicacións privadas que puidesen darse entre o persoal de eltiempoentuojete e os usuarios ou visitantes serán consideradas como confidenciais.
  4. Ligazóns con outros sitios web. O presente sitio web pode conter ligazóns ou links con outros sitios. Infórmase que eltiempoentuojete non dispón de control algún nin ostenta responsabilidade algunha sobre as políticas ou medidas de protección de datos doutros sitios web.
  5. Dereitos dos usuarios. O usuario poderá exercitar, respecto a os datos solicitados na forma prevista, os dereitos recoñecidos pola Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e en particular os dereitos de acceso, rectificación ou cancelación de datos e oposición, se resultase pertinente. Os dereitos de cancelación, oposición e derogación do consentimento para a cesión poderán ser exercitados polo usuario, e no seu caso quen o represente. Farase mediante solicitude remitida por correo ordinario, asinada e acompañada de fotocopia do D.N.I., á dirección de email de eltiempoentuojete arriba indicada.
    eltiempoentuojete informa que os datos persoais solicitados, cando deixasen de ser necesarios ou pertinentes para a finalidade para a cal foron recolleitos, serán cancelados conforme establece a normativa de protección de datos de carácter persoal.

Datos de usuario

En eltiempoentuojete recollemos varios tipos de datos, pero nunca solicitamos o nome persoal. Sí se recollen os correos electrónicos asociados ó apodo utilizado nas apostas ou nos comentarios. Somentes usamos os correos para enviar comunicacións sobre todo o relacionado coas competicións que desputamos ou comunicacións privadas. Nunca para publicidade de terceiros.

No caso de que eltiempoentuojete dispoña de formularios, a identificación do usuario é plena, xa que é o propio usuario o que, voluntariamente, introduce os seus datos nos nosos formularios.
A información facilitada polo usuario será utilizada por eltiempoentuojete exclusivamente para as finalidades que se informen en cada caso.
Cada un dos nosos formularios inclúe unha cláusula específica de privacidade mediante a cal o usuario dará voluntariamente o seu consentimento ao tratamento automatizado dos datos facilitados.

eltiempoentuojete será a entidade responsable do ficheiro xerado cos datos de carácter persoal fornecidos polos usuarios do seu sitio web nos formularios.

De acordo coa lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, eltiempoentuojete comprométese ao cumprimento da súa obrigación de secreto con respecto aos datos de carácter persoal e ao deber de tratalos con confidencialidade.

Para estes efectos, adoptará as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.
Os datos persoais solicitados non serán cedidos a terceiros sen o seu consentimento expreso.

O usuario que figure nas nosas bases de datos poderá exercitar en todo momento os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición. Farase mediante solicitude remitida por correo electrónico, acompañada de fotocopia do D.N.I., á dirección de email de eltiempoentuojete enriba indicada.

Se desexa aclarar algún aspecto relacionado coa política de privacidade de eltiempoentuojete en relación ós usuarios que visitan a nosa web, non dubide en poñerse en contacto connosco a través da seguinte dirección de correo electrónico: eltiempoentuojete@gmail.com