Despóis de Lira, A Gándara, no concello de Vimianzo é a segunda etapa consecutiva da Costa da Morte. Ainda que semella que a chuvia vai ser escasa ou nula e o vento tirando a frouxo, coa denominación que ten esta zona non se pode confiar ninguén pois podería ser un erro que coste caro.
As apostas en temperatura máxima están bastante pechadas, indo dende os 11 ata os 15º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 5 e os 9º C., unha oscilación tamén pechada. A precipitación é un parámetro incógnita, con casilleiros con valores entre 0 e 3 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 21 ata os 67 km/h., e estando tan abertos, será un parámetro decisivo.
Semella compricado predicir vencedores con estas diferenzas de carácter medio en case tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 02:30 horas do lunes. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas e media de retraso no aporte de datos con respecto ó horario de Galicia.
As apostas:



