Pois non choveu o domingo en Lira. Somentes dúas apostas xogaron con esa probabilidade e foron as que trunfaron. As temperaturas estiveron dentro do agardado e o vento tamén ainda que un pouco por riba da maioría. Polo visto foi unha xornada tranquila para os veciños. Non tanto para os participantes da XIII Liga da Inverneira de eltiempoentuojete.
As temperaturas tiveron unha amplitude baixa, cunha máxima de 16º C. e unha mínima de 12º C. A presenza da chuvia era de probabilidade alta ainda que con cantidades menudas, pero o final do día o pluviómetro amosou 0 litros. O vento marcou un refacho máximo de 72 km/h., acadado na parte inicialda xornada.
E de novo estamos a falar dun vencedor en soidade no concello de Carnota. 57 foron os puntos acadados por Compoñente Sur, cun baremo de únicamente 1 punto perdido na temperatura máxima e os dous apostados de chuvia. Mallou a mínima e o refacho, acertos que lle permiten entrar na 11ª praza compartida por un grupo numeroso. Gran revulsivo despóis da miserenta derradeira etapa e que o volve achegar ó Top-10.
Por tras, con 56 puntos atopamos ós dous de sempre e a sorpresa desta edición. O líder Botikas non erra e segue no cumio da clasificación xeral con 4 puntos de vantaxe sobre o seu inmediasto persecutor, Enrico Ferni, que en Lira sumou a mesma marca. Collen distancia despóis da debacle de quen compartía esa praza, Julio. O outro marcador pertence a Kalandrakas, que semella recuperar algo do perdido en Muralla e, ainda que segue a ocupar o 9º lugar, ten a tiro a moit@s meteoludópatas.
Magor, Modesto e Marius son as 3 “M” que sumaron 55 puntos este domingo. Modesto navega polo derradeiro posto do Top-10, mentras Marius e Magor forman parte dese grupo do vencedor de etapa que andan ás portas dese codiciado Top-10 na praza 11ª
Para rematar este top, con 54 puntos atopamos a Denodeno, no 23º posto, e, sempre con puntuacións parellas, a Víbora no 15º lugar e a Angelramunsiiño no 16º. Os tres van a tumbos pero agardamos unha sorpresa.
Estas son as 10 posicións principais na clasificación desta semana en Lira. Para acadar tódolos datos recollidos na 9ª e seca etapa da XIII Liga da Inverneira, pica na ligazón baixo este texto.

