Nesta 8ª etapa da Liga da Inverneira puidemos comprobar que a fama estadística de Muralla estaba ben fundamentada. Choveu ata deixar á gran maioría sen puntos na pluviosidade. O refacho marcou alto e unicamente as temperaturas estiveron dentro do agardado. Este foi o domingo de temporal no concello de Lousame.
As temperaturas tiveron unha amplitude mínima, cunha máxima de 13º C. e unha mínima de 10º C. A presenza da chuvia era de probabilidade alta ainda que con cantidades medias, pero o final do día o pluviómetro amosou un total de 62 litros. O vento marcou un refacho máximo de 80 km/h., acadado na parte central da xornada.
A heroina en Muralla foi Lume, quen cunha aposta arriscada en chuvia, a maior dos participantes, fixo boas unhas apostas mediocres no resto de parámetros. Os seus 47 puntos foron os únicos por riba da franxa dos 40, polo que ademáis da vitoria en soidade, mellorou moito a súa posición na táboa xeral. Subíu ata o 4º posto a somentes 4 puntos do liderato, ainda que houbo momentos que ata se posicionou coma lideresa. Ainda así, conformarase coa praza no Top-5 e seguro que agarda por máis chuvia en etapas vindeiras.
39 puntos sumaron 3 compoñentes do Top-10. O ainda líder, Botikas, víuse beneficiado pola cantidade de chuvia do final do día. De pedir a hora para o remate a rogar por máis chuvia para conservar os privilexios, o liderato neste caso. Beocha e Verducido foron 2 dos perxudicados polo aumento da chuvia no pluviómetro. Beocha sube ata o 8º posto e Verducido ata o 5º.
Julio e Kaltxon acadaron a cota dos 38 puntos e salvaron o día. Kaltxon quedou fora dos puntos ben cedo ainda que mantén o Top-10 dende a praza 7ª. Julio aguantou máis pero, coma Verducido, Modesto e Magor, morreron afogados na praia. Agora está 3º na xeral.
Víbora, Marius e Enrico Ferni chegaron ata os 37 puntos, cifra nada desdeñable este domingo. Víbora e Marius achéganse ás portas do Top-10, compartindo o 12º lugar e mellorando moito nas derradeiras citas. Enrico Ferni mantén a 2ª praza a tiro de pedra do líder aida que oslobos achéganse por tras del.
Estas son as 9 posicións principais na clasificación desta semana en Muralla. Para acadar tódolos datos recollidos na 8ª e secaetapa da XIII Liga da Inverneira, pica na ligazón baixo este texto.

