O inferno da Muralla

Nesta 8ª etapa da Liga da Inverneira atopamos un escollo dos que poden facer trocos sensibles na táboa de clasificación. Muralla, unha das estacións meteorolóxicas de Lousame, está rankeada no Top-10 de recollida de chuvia en todo o país. E esta fin de semana vai seguir chovendo, polo que agardamos un espectáculo climático de grande calidade. O ser un cumio preto da costa, semella que tamén os refachos de vento non van ser miúdos e as temperaturas a esta altitude de máis de 600 m. ainda que entre rías, non serán sinxelas de predicir.

As apostas en temperatura máxima están bastante abertas, indo dende os 12 ata os 19º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 9 e os 13º C., unha oscilación máis pechada. A precipitación é un parámetro incógnita, con valores nos casilleiros con valores entre 4 e 56 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 35 ata os 87 km/h., sendo o parámetro máis aberto.

Semella compricado predicir vencedores con estas diferenzas de carácter medio en case tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 02:30 horas do lunes. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas e media de retraso no aporte de datos con respecto ó horario de Galicia.

As apostas:

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *