Nubes Altostratos. Estratos lonxe do chan

foto altostrato sobre ria de pontevedra para portada de monografias de tipos de nubes altostratos foto de fran torres
Altostratos na Ría de Pontevedra

Capas de vidro a media altura

As nubes altostratos son unha nube de capa, de altitude media e que pode ocupar gran parte do ceo ou presentarse en forma de grandes manchas. Adoitan ter cor azulada ou grisácea.

Os altostratos teñen un aspecto esmerilado ou estriado e o sol pode reflexarse na s suas bases formando irisacións ó amencer e ó atardecer.

Están formadas por cristais de xeo, gotas de chuvia, copos de neve ou cristais de neve. Cando está formada maioritariamente por cristais de xeo adoita ter menos densidade. Con partículas máis pesadas a sua formación é máis densa.

Ainda que pode ser máis ou menos densa e pode deixar pasar a luz do sol ou non, ás veces presenta halo solar, ainda que difuso e brillante. Ese detalle pode diferencialos dos producidos polos cirrostratos, con radio maior e aparencia máis feble.

Os altostratos poden deixar chuvia miúda e durante un periodo de tempo máis ben pequeno. Tamén traen consigo unha baixada das temperaturas. Pero se o aire se volve inestable pode ocasionar a formación de elementos cumuliformes que poden coller moita elevación e formar cúmulos congestus o incluso cumulonimbos por correntes convectivas que penetran por baixo do altostrato.

Formación:

Poden formarse polo aumento de cirrostratos, por arrastre de cristais de xeo de altocúmulos, por estabilización dun nimbostrato ou pola propagación de nubes xeadas medias procedentes de cumulonimbos.

Especies de Altostratos

Os Altostratos non teñen nengunha especie de nube asociada.

Variedades de Altostratos

Altostratus duplicatus

Nube duplicada a diferentes altitudes

Altostratus opacus

Opaco, non deixa atisbar a luz do sol

Altostratus translucidus

Deixa localizar a posición do sol.

Altostratus radiatus

Nubes en formación paralela, en bandas.

Altostratus undulatus

Con forma de onda, ondulado.

Exemplos de variedades

Características comprementarias

Altostratus virga

Tiras de chuvia que se evaporan antes de chegar ó chan.

Altostratus praecipitatio

Con calqueira tipo de precipitación que alcanza o chan.

Altostratus mamma

Forma de gota de auga, coma ubres de vaca.

Exemplos C. comprementarias de Altostratos

Nubes accesorias dos Altostratos

Altostratus pannus

Nubes que circulan por baixo do altostrato, ás veces farrapentos.

Exemplos de nubes accesorias

Identificar os Altostratos

Os altostratos son nubes doadas de identificar no ceo, pero pensa que as nubes poden pasar dun tipo ou especie a outra de modo moi rápido. É unha capa grisácea ou azulada, con aspecto estriado, coma cristal esmerilado. Pode deixar ver o sol en zonas máis finas da nube. Pode deixar precipitacións nalgúns caso, pero adoitan ser febles.

É Altostrato cando...

Non é Altostrato...

Comparando

Apuntes

Ficha técnica dos Altostratos

Nubes en el Ojete. Nubes en time lapse

Se queres ver videos de Altostratos en time lapse, estás invitado a visitar a nosa páxina de YouTube, onde atoparás videos de éstas e outras especies e variedades de nubes.

Fontes:

Relación de fotografías

  • Altostratos na Ría de Pontevedra (Portada)
  • Altostratus opacus (Chan de Cabeiro, Caroi)
  • Altostratus translucidus (Pontevedra)
  • Altostratus undulatus (Armenteira)
  • Altostratus undulatus (Alba)
  • Altostratos pannus (Pontevedra)
  • Altostratos pannus dende Lérez
  • Altostratus opacus (Pontevedra)
  • Altostratus mammatus (Cotobade)
  • Altostratus virga (Cotobade).
deixa pegada en internet llamada a la acción

Outras monografías

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *