1ª rolda completada

Xa están expostos os resultados da rolda inaugural da Ojete’s Cup 2025 en Pakistán. Apenas houbo sorpresas ainda que algún cacheira de serie quedou no camiño. A falta de chuvia foi providencial para algúns enfrontamentos, nos que non tivemos que chegar ó desempate por refacho (podes consultar a normativa de desempates no Regulamento, no menú principal na área de Liga Meteorolóxica). Polo tanto xa están decididas as confrontacións de segunda rolda, para vencedores e vencidos. Pero antes, unha ollada ó domingo.

A temperatura mínima non baixou na madrugada dos 25º C. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 32º C. A presencia da chuvia, inexistente na madrugada, continuou nas primeiras horas da tardiña, onde se forman as treboadas, pero chegóuse a hora sinalada sen precipitacións. O vento marcou un refacho máximo miserento de 4.2 nós, 8 km/h.

Deste xeito atopamos a Kaltxon, sexto candidato no máis alto con 54 puntos. Por suposto gañou o seu enfrontamento con Landrán, polo que pasa pola banda verde do cadro ata os cuartos de final. Landrán váise atopar con Popolo, o cadáver deixado pola seguinte protagonista.

Kaltxon se atopará coa cacheira de serie número 3, Beocha, que marcou a segunda mellor marca en Jhelum con 53 puntos. Compartida con Verducido, que venceu a Sarabia e que se atopará con Compoñente Sur, que eliminou a Xowi sen moito traballo. Sarabia e Xowi pelexarán polo outro lado do cadro. Mesmos 53 puntos para Marius, que tirou de heróica para derrotar ó cacheira de serie número 5, Víbora. Agora terá que seguir na racha para doblegar ó cacheira número 4, Julio, que leva na llama todo o ano. Bateu a Denodeno no seu emparellamento con 52 puntos contra 50. A outra semi sorpresa foi a vitoria de Bar Pequeno sobre Breogán77, ainda que era o 8º contra o 9º. Un só punto derimiu a contenda a favor de Bar Pequeno, que loitará contra o deus da predicción, Botikas, ainda que xa o batíu unha vez e de seguro que Botikas buscará a revancha. Gañou a Rasta con 4 puntos de diferenza sen espeluxarse. Rasta agarda agora por Breogán77.

Esta foi unha aproximación ó acontecido en Jhelum. Para coñecer máis en profundidade o acontecido no domingo, pica no enlace embaixo este texto.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *