11ª xornada

O Xipro

Entorno

O Xipro inaugura a serie de xornadas de montaña da Liga da Inverneira en Galicia, principalmente en Lugo e Ourense. Isto durará ata comezos de Febreiro, polo que recomendamos poñer o chip de montaña. E a primeira en visitar é no concello de A Fonsagrada.

O Xipro é unha localidade de 6 habitantes preto de A Fonsagrada. Este concello e o máis extenso de toda Galicia. Forma parte do Camiño Primitivo e parada obrigatoria é a Capela de Santa María, que tiña albergue e unha fonte (Fontem Sacra) que lle da nome o pobo. Durante toda a sua historia, a localización na ruta Xacobea fixo que se fundaran moitos hospitais de peregrinos. As xentes da comarca viviron sempre baixo o xugo de señores e ainda despóis das guerras irmandiñas as condicións de vida non melloraron en demasía.

Os embutidos de A Fonsagrada son coñecidos en toda Galicia. E por riba de todos eles sinalamos os chourizos, os butelos e as androias. Supoñemos que todos sabedes o que é un chourizo. O butelo énchese con costillar e peles. Faise na tripa cega, pero se vai feita no estómago leva ósos de solana e o peso varía entre 3 e 13 kilos. A androlla énchese con picadillo de chourizo, peles a maiores e feito con tripa lisa ou intestino cego.

Localización

Datos da estación

A Estación O Xipro está ubicada a 43,18º de latitude e -7,05º de lonxitude e a unha altitude de 789 metros. Situada, daquela, no concello de A Fonsagrada, provincia de Lugo, foi dada de alta o 2 de Agosto de 2007.
 

Sensores

  • Anemómetro
  • Catavento
  • Piranómetro
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Sonda de Presión
  • Sonda de Temperatura de Superficie
  • Sonda de Temperatura do Solo
  • Sonda de Temperatura e Humidade

Gañadores anteriores

Esta xornada vaise desputar o Domingo 8 de Decembro. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 6 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha patada nos collóns e unha aspirina para o dolor

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *