Final agardado

Derradeira xornada da XI Liga de Primaveira en Perú, desputada nos cumios andinos de Upina, que deixa a clasificación con poucos trocos. Típica etapa en altitude con temperaturas baixas, chuvia inexistente e vento frouxo que deixou altas puntuacións e un gañador que inscribe o seu nome por primeira vez nesta competición.

A temperatura mínima non baixou na madrugada dos 3º C., un valor que marcaron pouc@s d@s apostantes. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 12º C., agardada tamén por pouc@s. A presencia da chuvia foi inexistente e o vento marcou un refacho máximo de 5.5 m/s, 20 km/h. mornos pero normais para zonas andinas desta altitude.

Desta forma atopamos 3 vencedores que compartillan o trunfo nesta derradeira xornada con 57 puntos. Kaltxon e Botikas loitaban pola 6ª praza, que quedou nas mans de Botikas ó acadar ambos a máxima puntuación da xornada, tendo unha aposta idéntica. O outro premiado foi Julio, que lle servíu para levar o título final. Fallou na temperatura máxima pero mallou o resto dos parámetros. Gran etapa xogada polos 3, ocupando o Top-10.

56 puntos acadaron outro trío de competidores. Landrán, Verducido e Lume tamén andan polos postos altos, ainda que o desempate non favorece a Lume, que remata na gurgulla da 11ª praza. Landrán mantivo con comodidade a 8ª praza. A quen sí beneficiou o desempate foi a Verducido que recortou a distancia con Breogán77 ata empatar. Tivemos que chegar o segundo nivel, xa que no primeiro ambos presentaban unha vitoria. A maior entidade da puntuación da pertencente a Verducido dóulle o terceiron caixón do podio.

Outro trío acadou 55 puntos. Víbora, Mingos e Compoñente Sur non remataron no Top-10 ainda que loitaron para elo. Víbora e Mingos subiron dous chanzos na clasificación para rematar no 14º e 15º posto respectivamente. Non puido ainda que quedou preto Compoñente Sur, finalizando no posto 18.

E 54 puntos para Beocha e Denodeno, que acada o seu segundo podio histórico con esta 2ª praza final. Nunca na súa carreira foi aspirante a ningún título pero a constancia ten premio e xa nos vai acostumando a asomarse nestas competicións secundarias de primaveira e vran. Beocha, polo seu lado, finaliza nunha 5ª posición. Non é doado vela fora do Top-10 e sempre preto do podio. Só lle falta rematar cunha vitoria en competición. Alle de chegar…

Ainda que nesta semana teremos un resumo máis exhaustivo, nun pequeno análise moi concreto, damos coma vencedor a Julio, con Denodeno e Verducido no 2º e 3º posto. O 4º lévao Breogán77 e o 5º Beocha. Por tras, o omnipotente Botikas, 7º posto para Landrán e 8º para Kaltxon, con Sarabia no 9º e Rasdgar no derradeiro lugar do Top-10 gañando o desempate a Lume.

Para acadar tódolos datos recollidos na derradeira etapa da XI Liga de Primaveira pica no enlace baixo este texto.

En breve daremos conta do inicio do XI Torneo de Vran, o que da acceso ós 16 mellores a desputar a Ojete’s Cup, competición faciana-a-faciana que pon fin á tempada meteorolóxica de eltiempoentuojete. Para este vran, se non o desfai Irán, India ou Israel, visitaremos visitaremos Azad Kashmir (Cachemira), en territorio de Pakistán. Non che digho nada e díghocho todo.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *