Despóis do desenrolo da 3ª rolda de competición da X Ojete’s Cup en Pakistán e tendo a derradeira xornada coma definitiva, temos algunhas dúbidas que pasamos a desenvolver. Os datos de chuvia e vento que ofertamos dirante o domingo na etapa ao vivo foron sustituidos no computo final pola axencia meteorolóxica FAWS de Pakistán. Pedimos desculpas por elo ainda que foron contas baseadas no que estaba a acontecer en directo. O primeiro dato de vento rexistrado ás 00:10 da etapa “semellaba” de 9 nós, por iso durante todo o día foi o reflictido na táboa de clasificación. A rebaixa a menos da metade foi unha corrección da axencia pakistaní nos resultados finais. Do mesmo xeito, nós contamos 1.5 litros na madrugada e 4.8 litros despóis das 19 horas para un total de 6.3 litros, que foi o amosado ata o remate do día. A axencia mostra 2 resultados distintos para a mesma hora, as 00:10. A primeira é a que tedes nos resultados de Malam Jabba. Na segunda amosábase 13.4 litros, totalmente irreal xa que tomamos os datos do día anterior (269 litros) e os datos do día seguinte (274 litros) que contradecían os 13 do total e os 6 amosados pola organización, dando a razón (sospeitosa) á axencia pakistaní. En calquera caso, os datos que temos son estes e non podemos contradecilos máis que con suposicións. Realmente nós cremos nos datos amosados (6 litros e 9 nós) pero non temos como corrixir os da axencia provedora dos datos.
Deste desaguisado obtemos un vencedor en soidade, Verducido, con 55 puntos, mallando a chuvia e perdendo 3 puntos nas temperaturas e 2 no refacho. Por tras, Breogán77 con 54 puntos, Sarabia, Beocha e Kaltxon con 53 puntos e Botikas con 52 puntos.
Botikas gañou a súa semifinal contra Julio coa marxe que lle deu a puntería na temperatura. Enfrontarase a Kaltxón, que venceu con solvencia a Compoñente Sur superandoó na chuvia e no vento. Final entre Botikas-Kaltxon e loita por medalla de bronce entre Compoñente Sur e Julio.
Na loita polo 5º posto teremos a Verducido e Bar Pequeno. Ambos derrotaron por 2 puntos de diferenza a Beocha e Marius, que buscarán a 7ª praza final.
A final B, que conta da 9ª praza, enfrontará a Breogán77 con Sarabia, vencedores sobre Denodeno e Popolo respectivamente, que estarán na batalla polo 11º posto.
Pola 13ª praza e segunda vitoria atopamos a Rasta e Landrán, que se desfixeron de Víbora e Xowi, este último perdeu no desempate por pior coeficiente de vento. Víbora e Xowi librarán un combate fraticida para non despedir a tempada sen vitoria na Ojete’s Cup. Somentes un xogador gañará todas as confrontacións e somentes un non acadará nengunha vitoria.
Esta foi unha aproximación o acontecido en Malam Jabba e á xornada final que decidirá a posición definitiva no torneo de emparexamentos. Para acadar toda a información detallada, pica no enlace que ofertamos baixo este texto.