Nocturnidade e aleivosía

Da mesma forma que en Corrubedo, ata as 10 da noite do domingo, semellaba que eramos uns virtuos@s da predicción meteorolóxica. Pero non foi así. O resultado no Penedo do Galo foi a suma do acontecido na escuridade e con aleivosía. Os datos de temperatura máxima e mínima semellaban inamovibles dende a madrugada. O mesmo sucedía coa chuvia e o refacho. Este último foi, xunto á temperatura máxima o que non se remexeu en todo o día. Amenceu e os datos non mudaban. Semellaba definitivo o resultado final. Pero ahí foi onde resucitou Gabrielle, esa borrasca descartada polas axencias e que deu un novo rumbo á etapa. Baixou a temperatura, ainda que somentes un grado. Pero a chuvia apareceu e batéunos nos dentes para despertares do noso soño con 10 litros que ninguén agardaba.

A temperatura mínima acadou na noitiña os 12º C. Na madrugada acadárase a máxima diaria con 14º C. Amplitude térmica baixísima. A presencia da chuvia activóuse nas derradeiras horas deixando 10 litrazos. O vento marcou un refacho máximo de consideración tamén na madrugada de 53 km/h.

Pero o resultado final ven sendo repetitivo. Con 48 puntos, Botikas levou a vitoria en soidade e semella que nesta edición non quere sorpresas coma na pasada. Perdeu 3 puntos nas temperaturas, 9 na chuvia e mallou o refacho para acadar o seu segundo trunfo nas 2 xornadas desputadas. Por suposto, lidera a xeral. O dito, non quere sorpresas.

Un punto por baixo, con 47puntos , Verducido e Kaltxon, coa mesma puntuación en temperatura, pero con un punto máis para Kaltxon na pluviosidade, que contrarrestou Verducido mallando o refacho. Ocupan posición xusto detrás de Botikas e tamén semellan moi metidos na competición.

46 puntos para M.B.Joaquín, Beocha e Marius. Con puntuacións moi estables en tódolos parámetros, agás M.B.Joaquín, con grave perda na máxima recuperada coa maior aposta de chuvia dos participantes. O mellor inicio da súa carreira, no Top-10 a 4 puntos do liderato. Beocha comparte a 3ª praza con Kaltxon, a 3 puntos do líder e Marius está no grupo coa 4ª mellor puntuación. Moi activos neste inicio de Liga.

Sumando 45 puntos atopamos a Modesto, Landrán e Julio. Os dous primeiros no Top-10 e Julio que tamén estaría na lea se non fose pola penalización do primeiro día. De seguro que non tardará en acceder ó grupo dos mellores, ainda que a cacheira da xeral semella cara este ano.

Na xeral, a diferencia entre o líder e o 9º posto é mínima, de 6 puntos, que poderían ser menos de non pinchar, entre comillas, Xowi, vencedor compartido en Corrubedo. Pero o Top-10 está cheo de grandes figuras e aspirantes, con Modesto e M.B.Joaquín coma estrelados invitados na busca de asombrar ás vacas sagradas da competición.

Estes foron os 9 mellores competidores nesta etapa de Penedo do Galo. Para acadar tódolos datos recollidos na segunda etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *