Antigamente existían na Fonsagrada dúas estacións meteorolóxicas. A que xogamos este domingo, O Xipro, e a do Alto do Cerredo, hoxe desaparecida. Nas primeiras edicións da Liga da Inverneira, xogamos nesta última. Logo nos demos conta de no Cerredo non chovía tanto como no Xipro pero sí facía máis frio. O motivo do troco foi a escolla da chuvia coma parámetro decisivo. Co tempo, a estación do Alto do Cerredo foi descatalogada por Meteogalicia. Isto déixanos sen saber se a localización estaba na vertente seca e O Xipro na vertente húmida. Pero o caso é que no Xipro choveu significativamente para o anunciado e iso foi definitivo (ou case) para atopar, neste caso, gañadora.
A temperatura mínima acadóuse na madrugada con 2º C., a moi pouquiño de baixar ata 1º. Na derradeira hora da tarde acadóuse a máxima diaria con 9º C. Non contaba con nengún adept@. A presenza da chuvia era dubidosa, pero na madrugada cairon 5 litros, e os máis ousados foron os trunfadores. O vento marcou un refacho máximo de baixaconsideración, con 25 km/h.
Entre os mellores da xornada están a maioría dos ocupantes do Top-10 e, dentro destes, a raíña foi Beocha con 56 puntazos na súa 1ª vitoria na tempada. Marcou as mellores marcas en temperatura e no refacho, deixando 3 puntos na chuvia e 1 na temperatura máxima. Valéulle para empatar na 3ª praza con Julio ainda que con menor número de vitorias e alonxar un pouco máis a Botikas, o máis achegado dos seus persecutores, tamén afastados. Aperta o Top-4 e semella preparada para a friaxe.
Durante gran parte do día compartíu a vitoria con Verducido e Kaltxon, que foron desprazados pola suba da temperatura máxima. Estes quedaron con 5 puntos. Pouco perde Kaltxon do liderato e e toma ainda máis distancia co segundo, Landrán, o que xa lle leva 8 puntos de vantaxe. Verducido chega á 6ª praza despóis dunha mala xornada para Modesto e resta 1 punto a Botikas, o seu predecesor.
Botikas e Julio non defraudaron con 53 puntos e manteñen posicións, ainda que cunha xornada menos para o final. Seguen nas posicións 5ª e 3ª respectivamente e non teñen moito que lamentar. Podemos ver a 5 dos 6 mellores da Liga entre os primeiros en O Xipro. Por algo están alí.
Ata 4 participantes sumaron 52 puntos na Fonsagrada. Popolo busca o Top-10 pero terá que sachar para acadalo, ainda que sube 3 posicións, ata a 12ª. Nese top mantéñense Rasta e Marius, 8º e 9º e non semella doado arrincalos do sitio. Xa ameazan o 7º posto de Modesto. Tamén M.B. Joaquín acada a mesma puntuación, ainda que alonxado dos postos de honra, segue na loita por entrar no Top-20.
E mención especial a Enrico Ferni, quen compartiría a vitoria se non fora polo retraso con penalización. Semella que o día que deixe de esquecer a aposta do venres, poderemos velo entre os mellores. Entretanto…
Estes foron os 9 competidores protagonistas desta etapa de altura en O Xipro. Para acadar tódolos datos recollidos na onceava etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

