Esa é a palabra que ilustrou a xornada de onte en Monforte de Lemos. A web de Meteogalicia deixou de actualizar datos cara as 17:00 horas e xa non puidemos saber o que acontecía na estación meteorolóxica de Marroxo ata ben entrada a noite. Ainda que o certo foi que non pasou nada. Os resultados non trocaron, ou iso é o que dí o noso distribuidor de datos. Poucos movementos ainda que algún destacable, é, entre eles, unha nova vitoria espectacular do que está a ser o novato do ano.
A temperatura mínima acadóuse na madrugada con 10º C. Na derradeira hora da sobremesa acadóuse a máxima diaria con 14º C. A presenza da chuvia era dubidosa, e apenas caeu 0.1 litros que deixa un redondeo de 0 litros, ainda que poucos puntos se perderon nese parámetro. O vento marcou un refacho máximo de media consideración, con 50 km/h.
E nestas circunstancias volveo aparecer o que vai camiño de ser a nova promesa da predicción meteorolóxica amateur. Enrico Ferni repite vitoria en soidade con 59 puntos. Ademáis estivo preto do pleno,quedando a apenas 4 décimas de grado de acadalo. Segundo trunfo nesta edición e, ainda con faltas de asistencia e penalizacións por retraso, comeza a gabear polo fondo da clasificación xeral. Está na praza 27, ainda que segue a amosar cualidades de futuro.
Ata os 58 puntos chegaron 2 ocupantes do Top-5. Botikas queda a tiro de pedra da 4ª praza de Julio, con somentes 2 puntos de retraso. Beocha deixou a Julio atrás e xa está pisando podio en soidade, achegándose paseniño ós dous máis destacados cacheiras da xeral.
Víbora sumou 57 puntos que lle achegan ó grupo que antecede o Top-10, ainda que precisa estabilizar o seu xogo para deixar de dar bandazos. Ocupa o lugar 19º.
Lume e Marius acadaron 56 puntos en Marroxo. Lume váise achegando ó Top-10, agora no posto 16º. Marius segue a manter o seu privilexiado Top-10 dende o 8º e moi preto dos xogadores que lle preceden. Lento pero seguro.
Un gran grupo de xogadores acadaron os 55 puntos. 5 deles son asíduos ocupantes do Top-10. Landrán dende o 2º posto, Julio dende o 4º, Verducido dende o 6º, Modesto dende o 7º e Xowi dende o derradeiro, o 10º. Os principais aspirantes a ese grupo dos 10 mellores tamén están coa mesma puntuación. Rasdgar, Popolo e Mina entre o 11º e o 13º posto respectivamente e Breogán77 no 15º.
Estes foron os 15 competidores mellor puntuados nesta etapa de Marroxo. Para acadar tódolos datos recollidos na doceava etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

