A 13ª etapa da Liga da Inverneira lévanos ata o concello lucense de Navia de Suarna. A estación de Meteogalicia noméase como Ventosa, pero despóis de varios anos de xogo puidemos constatar que o nome debe referirse ó método de suxeición á terra. O vento eiquí foi, na maioría das ocasións, de baixa consideración. E semella que nesta ocasión vai seguir as mesma norma. Tendo en conta que a priori a chuvia tampouco vai ser factor importante, a temperatura vai ser o parámetro que determine o vencedor ou vencedor@s da xornada. Tampouco semella que a clasificación xeral mude con carácter decisivo, ainda que xa sabemos que un puntiño hoxe pode determinar o futuro.
As apostas en temperatura máxima están abertas, indo dende os 9 ata os 18º C. Os valores para as mínimas oscilan entre -1 e os 6º C., estas de novo con oscilacións medias. A precipitación non é un parámetro discutido, con valores a 0 en tódolos casos, unanimemente. Mentras. os refachos de vento van dende os 11 ata os 49 km/h., sendo un parámetro tamén moi aberto.
Parece compricado predicir vencedores con estas diferenzas nos parámetros que non son a chuvia e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 01:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas de retraso no aporte de datos.
As apostas:



