Aplicación do Regulamento

Clic para ampliar

Se vos estades a preguntar por qué nos datos finais da 14ª etapa da Liga da Inverneira, desputada na Serra do Eixo, non aparecen os resultados do refacho de vento, a resposta está na gráfica que se amosa enriba deste texto. O anemómetro deixou de traballar cara as 11:20 da mañanciña e xa non recuperou o sentido. Problema: somentes amosou datos durante unha porcentaxe inferior ó 50% da xornada. O Regulamento establece que calquera dos aparellos que miden os parámetros de puntuación deben amosar datos cun mínimo do 75% da xornada. Iso son 18 das 24 horas do día de xogo. O anemómetro non chegou a completar nin 12 horas polo que nos vemos na obriga de anular o parámetro en cuestión. Sentimos as molestias ocasionadas e non dubidedes que o poremos en coñecemento de Meteogalicia. Isto vai en consonancia coa estación desta semana, en Cabeza de Manzaneda, a que sería etapa raíña. A estas horas está marcando un refacho máximo de 203 km/h., o que resulta irreal. Por algo deixamos de xogar nesta estación. Seguirémola día a día para comprobar se é preciso trocala. Antes de xoves teremos un veredicto definitivo, polo que vos pedimos que esteades atentos ante calqueira notificación do caso.

A temperatura mínima acadóuse na madrugada con -3º C. e xa non subíu de en toda a xornada.. A presenza da neve era probable, como rezaba o título da previa, pero nin asomou, coa precipitación collendo dirección norte no centro da provincia e deixando a case tod@s co frío no corpo e 0 litros, conteo final. O vento marcou un refacho máximo de 38 km/h. antes de ser anulado.

Con estes marcadores tolleitos proclamamos vencedores con 37 puntos a Kalandrakas e Breogán77, propulsados por unhas apostas preto da seca e tamén beneficiados pola anulación do parámetro do refacho. Breogán77, coa 2ª vitoria nesta edición, achégase a zona da loita por acadar o Top-10 e Kalandrakas, coa 1ª vitoria, chimpa ata o derradeiro posto do Top-20.

E ata os 34 puntos temos que baixar para atopar a 2ª tanda de puntuacións, onde atopamos ó líder Kaltxon, que aumenta ainda máis a vantaxe sobre os persecutores ainda que Julio, que empata con Landrán no 2º posto, pero con mellor coeficiente de vitorias, suma a mesma puntuación. Mesma puntuación para Sarabia e Michi, na 19ª e 21ª posición respectivamente. Tamén Cris, que tiña a vitoria na man ata a anulación do refacho. Perdoa por arruinarte a 1ª vitoria de novata.

33 puntos para Enrico Ferni, que segue a destacar, outros tantos para Marius, que se coloca 7º despóis do descalabro de Modesto e para Popolo, paso a paso, achegándose ó Top-10. Sen esquecer a Denodeno no posto 22 e Víbora no 18º.

Estes foron os 12 competidores mellor situados nesta etapa tolleita de Serra do Eixo. Para acadar tódolos datos recollidos na 14ª etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *