O dito no título. De momento nada cambia na cabeza da clasificación xeral. O líder segue a dominar con man de ferro esta edición da Liga da Inverneira e, como adoitamos dicir, somentes el pode perdela a falta de 10 xornadas, que é moito falar. Os seus secuaces no podio tampouco deixan marxe de dúbida. D@s 4 participantes mellor puntuad@s en Ancares, 3 deles ubican ese podio. E sen ninguén ata o de agora que lles tosa. Queda moito por diante, pero este trio semella rexo coma o buxo. O tempo dirá se son merecedores das posicións que ocupan. Por tras non perden a esperanza e son teimudos coma carneiros.
A temperatura mínima acadóuse no cabo final da madrugada con 1º C. que xa non subiría de 5º no mediodía a pesares de quedar a 6 centésimas de grado no lusco e fusco, mantendo unha amplitude térmica baixa. A presenza da chuvia era pouco probable pero manifestóuse nun resultado de 1 litro redondeado. O vento marcou un refacho máximo de 75 km/h., por riba do promedio agardado.
Deste xeito Kaltxon acada a súa 5ª vitoria nesta edición, con 3 delas en soidade. Ten 15 puntos sobre o segundo clasificado e 31 sobre o 5º, polo que se lle agotan os inimigos que lle poidan facer frente. 58 puntos, deixando tan só 1 na chuvia e outro no refacho, mallando as temperaturas nun trunfo de altura. Dominou o outono e semella facer o mesmo no inverno. Só lle queda a época pre-primaveral chuviosa (ou non…) para levantar un título que xa lle escapou unha vez e seica non o esqueceu. De momento, un todoterreo sen avería que camiña cara o éxito. Ainda que non se pode cantar vitoria, xa está tarareando…
Unha migalla por tras, con 57 puntos, os acompañantes no podiodo líder, Julio e Beocha. Pouco deixaron atrás nos parámetros seguendo a estela de líder. Julio segue 2º con Beocha 2 puntos menos de seguido. Dende ela ata o 4º clasificado, Rei Botikas, cubre unha vantaxe de 7 puntos. Coa mesma puntuación atopamos a Verducido na 6ª praza da xeral, que tenta aproveitar o inferno polo que semella pasar Landrán. Dende a súa vitoria en Ventosa, ocupando o 2º posto da xeral, fai disto 4 etapas, perdeu 24 puntos!! co líder Kaltxon. Atragoóuselle o inverno e Verducido cheira o sangue do corzo ferido e o Top-5 que o acompaña.
56 puntos para Mina, á que lle senta mal a friaxe e leva un inverno compricado, pero en Ancares recuperou o alento para ocupar a 15ª praxa da xeral, moi pretiño do grupo que tenta asaltar o Top-10 da xeral, que no seu grupo final decepcionou en Ancares. Nin Rasta, nin Rasdgar, nin Xowi nin Breogán77 tiveron o día, pero por tras a manda de lob@s medra e achégase. Mina aproveitou para pechar buratos.
55 puntos para Lume, outra integrante da manda lobeira após do Top-10. E nos derradeiros tempos, a máis en forma do grupo. A 2 pasos e 5 puntos de acadalo, cunha remontada invernal digna de mención. Ten a Breogán77 a 1 punto e diante del a outro xogador en caida libre, Xowi, que seica é de clima morno.
Finalmente, con 54 puntos atopamos ó 4º clasificado, Botikas, que perdeu puntos importantes en Ancares, ainda que segue na caza do podio. Marius deixou atrás a Rasta, pero queda en terra de ninguén ó perder puntos con Verducido. Deberá concentrarse en topar obxectivos de loita. E outro da manda lobeira tras o Top-10, Popolo, comparte a puntuación. Loitaba en semi soidade e agora a dilixencia está petada de facineros@s con sede de sangue e alboroto. Quizáis sexa un aliciente para el…
Estes foron os 8 competidores mellor puntuad@s nesta etapa de gran altitude , na cordilleira dos Ancares. Para acadar tódolos datos recollidos na 17ª etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

