A 18ª etapa da Liga da Inverneira visita o linde cos irmaos lusos no concello de Calvos de Randín, coñecido por ter as maiores xeadas do país. Pode que nesta edición non se bata o record de temperatura mínima, dado que semella que a nubosidade non deixará que a xeada fructifique como adoita cando o ceo está despexado. Incluso podemos ter algún amago de precipitación, ainda que nesta campa non é o máis normal. De calqueira xeito agardamos unha xornada de friaxe no sur da provincia de Ourense. Este domingo, Calvos.
As apostas en temperatura máxima están abertas coma sempre, indo dende os 2 ata os 9º C. cunha aposta cara arriba nos 12º C. Os valores para as mínimas oscilan entre -5 e os -1º C., complementada cunha aposta excéntrica de 4º C., estas de novo con oscilacións medias. A precipitación é un moi parámetro pouco discutido, con valores dende os 0 ata os 3 litros, con maioría para os marcadores secos. Mentras. os refachos de vento van dende os 12 ata os 37km/h., sendo un parámetro moi pechado.
Semella compricado predicir vencedores con estas diferenzas en case tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 01:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas de retraso no aporte de datos.
As apostas:



