Xornada anticiclónica

Alguén recorda cándo foi a derradeira vez que miramos o sol? Non estou seguro pero semella que foi o ano pasado. Seica imos ter unha xornada de transición no concello de Muras e na súa estación meteorolóxica estrela, O Xistral. De seguro que o líder pode estar ledo con este día solleiro e sen precipitación. Pero noutras zonas da xeral 1 só punto é unha conquista. Sen ir máis lonxe, a loita polo podio tamén se celebra en espacios reducidos… Hai moito que pelexar ainda e as etapas coma esta teñen repercusión.

As apostas en temperatura máxima están abertas, indo dende os 8 ata os 17º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 1 e os 7º C., estas de novo con oscilacións menudas, ainda que cunha aposta á baixa de 2º C.. A precipitación é un parámetro sen discusión e con 100% de valores en 0 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 15 ata os 66 km/h., sendo un parámetro moi aberto tamén.

Semella compricado predicir vencedores con estas diferenzas en case tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 01:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 hora de retraso no aporte de datos.

As apostas:

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *