Solleiro Xistral

Pois o final foi verdade o do anticiclón. Ainda que semellaba un eclipse, coa xente vampirizada cos lentes de sol, afociñando nos recantos pero iso sí, en manga corta e cos vermús na man e fuxindo do caldo, pai noso nos derradeiros tempos. Ainda houbo que gozou dun cocido baixo un Lourenzo case descoñecido. Neste concello lucense, unha cacheira con lentes de sol en domingo sabe a gloria.

A temperatura mínima acadóuse no abrente da noitiña con 7º C., moi semellante á máximas do último mes. A máxima subiría ata os 13º, con dificultade, xa pasado o almorzo. A presenza da chuvia era puco probable e quedou nos 0 litros. O vento marcou un refacho máximo de 45 km/h., na media do que apostaba a elite da xeral.

A loita polo Top-10 segue de actualidade e neste domingo, Rasdgar volve rexurdir das cinzas acumuladas nunhas derradeiras xornadas para esquecer. 56 puntos en O Xistral, con pleno en tres parámetros, non sendo nas temperaturas mínimas, que foron verdugo para a maioría. 5ª vitoria histórica, segunda nesta edición e ascenso na xeral para situarse no miolo desa loita despiadada onde ainda terá que bogar para facerse un lugar entre os mellores.

55 puntos para Bar Pequeno, sacando a cachola do pozo e reivindicándose na mariña lucense. O mellor en temperaturas con diferenzas abismais, lendo o anticiclón coma ninguén e perdendo a vitoria no refacho. Grande segundo posto para o xogador máis intermitente nesta 12ª edición.

Outro que volveu dar a de cal foi Rasta con 54 puntos con dúas grandes xornadas que o devolven ó 8º posto da xeral. A intermitencia de Rasta está nos resultados, pero cando encadea froitos favorables, nótase na xeral.

Breogán77, Michi e Víbora viaxaban empatados e así continúan en O Xistral. 53 puntos para eles nunha loita de doutores que navegan entre o posto 18 e o 20, en terra de ninguén, ou por dicilo doutra forma, no seu propio territorio. Mesmos puntos para Landrán, quen semella recuperado da friaxe e volve quecer o motor, ainda que xa un pouco tarde. Cris, novata do ano, segue na loita polo Top-15 (e máis aló) e xa a temos na praza 16, moi preto de fazañas épicas na súa primeira competición.

Estes foron os 8 competidores mellor puntuad@s nesta etapa de grande emoción na loita, no cumio de O Xistral. Para acadar tódolos datos recollidos na 23ª etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *