A terra da néboa

Penultima xornada da XII Liga da Inverneira en Galicia e desta vez visitamos o concello de Ponteareas e a súa estación meteorolóxica de A Granxa, centro de cultura por acoller varios centros de ensinanza, algún deles relacionado coa meteoroploxía. Nova xornada de repouso e tranquilidade agardando o final dunha gran competición, cun dos maiores acumulativos de precipitación pero que nas derradeiras datas reduciu as emocións a somentes a vitoria de etapa. Esta é outra oportunidade de conseguila.

As apostas en temperatura máxima están pechadas, indo dende os 15 ata os 20º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 5 e os 10º C., estas de novo con diferenzas mínimas. A precipitación é un parámetro con pouca marxe, con o 100% de valores en 0 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 21 ata os 48 km/h., sendo un parámetro un pouco máis aberto.

Semella compricado predicir vencedores con estas mínimas diferenzas en case tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 01:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 hora de retraso no aporte de datos.

As apostas:

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *