Penúltima xornada das 27 presentadas nesta XII edición da Liga da Inverneira en Galicia, na estación de A Granxa, e pouco mudou o panorama cara a etapa 500 de eltiempoentuojete. Día solleiro ainda que con xeada nocturna, sen precipitacións e con vento medio frouxo que deu coma consecuencia mínimos movimentos na clasificación xeral. A vitoria non ten discusión, pero quedan para o derradeiro día de xogo moitas posicións por dilucidar.
A temperatura mínima acadóuse no abrente do día con 5º C., e moi preto do redondeo para os 4. A máxima subiría ata os 19º, xa pasado o almorzo e despexada a néboa. A presenza da chuvia era puco probable e quedou nos 0 litros. O vento marcou un refacho máximo de 28 km/h., na media do que apostaba a elite da xeral.
Cuarteto de trunfadores en Ponteareas con 57 puntos. tod@s integrantes do Top-10. Lume afianza a súa 9º praza e ainda ten algunha opción de desputarlle a 8ª a un Landrán que segue á baixa. De feito perdeu a 7ª praza a mans de Mina, que ten moi lonxe a Marius e deberá defender a posición de a quen lla arrebatou. Marius deu un paso máis cara o Top-5 con esta vitoria quédalle unha última oportunidade. 3 puntos o separan de Julio e esa 5ª praza. Verducido tamén lle rouba 2 puntos a Botikas para entrar no podio, os mesmos que os separan. Espéralles unha derradeira xornada de loita sen cuartel, xunto cos aspirantes a entrar neste club exclusivo dos 10 mellores.
E ata 5 competidores comparten a 2ª mellor puntuación en A Granxa con 56 puntos. Magor e Modesto acceden ó Top-15, ainda con marxe de mellora en Cuntis, ainda que o Top-10 quédalles lonxe. Máis posibilidades ten Rasta, que volve destacar despóis do retraso e penalización da cita de Xinzo. Queda a 4 puntos de recuperal das mans de Rasdgar. Boa puntuación para Julio, pero os compañeiros de viaxe acadaron unha mellor, polo que deberá defender o Top-5 do acoso de Marius, lonxe xa do 4º posto de Verducido. Beocha segue a defender a 2ª praza da persecución de Botikas, por tras a só 3 puntos. Restóulle 2 puntos anecdóticos a Kaltxon, o líder, pero 16 puntos e tarefa imposible.
Estas foron as 9 mellores puntuacións nesta penúltima xornada desputada no concello de Ponteareas, na súa estación de A Granxa. Para acadar tódolos datos recollidos na 26ª etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

