500 xornadas despóis

Case nada. 500 xornadas, 12 anos de competición, 45 torneos. Moito que sinalar. Agardo ter tempo algún día para actualizar as estadísticas de todo este periplo. Pero polo que nos toca, Xesteiras, derradeira xornada, número 27 da Liga da Inverneira, 500 de eltiempoentuojete. Este domingo decídese a XII edición da competición máis galega. Non polo título, que está confirmado dende fai semanas (case poderiamos dicir meses), pero sí quedan ainda zonas da xeral onde se vai loitar por unha posición, un quedar por diante, un son mellor ca tí. Un podio, un Top-10. A vitoria de etapa, da etapa 500. Pena de chuvia, que non nos acompañe neste final…

As apostas en temperatura máxima están moi abertas, indo dende os 14 ata os 21º C. cunha aposta de vran de 26º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 4 e os 9º C., estas xa con diferenzas mínimas. A precipitación é un parámetro con pouca marxe, con o 97% de valores en 0 litros + 1. Mentras. os refachos de vento van dende os 24 ata os 69 km/h., sendo un parámetro moito máis aberto.

Semella compricado predicir vencedores con estas mínimas diferenzas en case tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 01:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 hora de retraso no aporte de datos.

As apostas:

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *