Final na 500. O previsto e algo +

Etapa final en Xesteiras onde o resultado da xeral non mudou no que respecta ó liderato máis o podio, ainda que algunha sorpresa por baixo sí que tivemos. Xornada achanzada coma sempre que o anticiclón domina a situación meteorolóxica, con pouca amplitude térmica, carencia de precipitacións, ainda que o vento sí que estivo por riba das prediccións. Ah, desculpas, non topaba a chave do Olimpo meteorolóxico amateur para que faga unha entrada triunfal un novo vencedor da máis prestixiosa competición de eltiempoentuojete, e por ende, de toda latitude e lonxitude do globo terráqueo. Benvido e noraboa, Kaltxon!!

A temperatura mínima acadóuse no abrente do día con 7º C., ainda que baixou un pouco na noitiña, pero sen devaluar o dato primeiro. A máxima subiría ata os 15º, xa pasado o almorzo, deixando a case todos cunha importante perda de puntos. A presenza da chuvia era pouco ou nada probable e quedou nos 0 litros. O vento marcou un refacho máximo de 70 km/h., por riba da media do que apostaba a elite da xeral.

Desta maneira, a vitoria da etapa número 500 recaíu en 3 vacas sagradas da predicción meteorolóxica amateur. Atópanse no Top-10 nesta edición e no mesmo top de vitorias históricas. Botikas, líder indiscutible en anos pasados, Beocha, asídua dos Top-5 en calqueira competición, e Lume, que suma a súa vitoria histórica número 30. Botikas defendeu o 3º chanzo da xeral sen complicacións ante Verducido pero non puido ascender ata o 2º posto de Beocha, que non tiña máis opcións de loita que a da defensa. Lume atacou a posición de Landrán con ferocidade, pero este non só se defendeu senón que rematou con honra recuperando a posición que perdera con Mina. Lume remata na 9ª posición a 2 puntos de Mina, deixando ó décimo posto a 14 puntos e con 2 vitorias consecutivas. Gran segunda parte da Liga.

Os 55 puntos de Verducido non serviron para acadar o podio dada a vitoria de Botikas, pero valeron para defender a posición con Julio. 4ª praza a 3 puntos de Botikas e sabor agredoce.

Mellor sabor de boca para os que sumaron 54 puntos. Kaltxon remata sen problemas, cunha vitoria final asegurada pero dando a cara coma sempre. Julio evitou a unha ameaza pausible coma Marius para entrar 5º, ainda que cunha segunda parte da Liga un pouco inestable. Landrán finaliza 7º, e, sen poder estar contento, recupera a praza perdida con Mina, que de seguro daralle satisfacción. Popolo levaba meses na porta do Top-10 e tivo que agardar á derradeira xornada para acadar unha 10º praza que aposto a que lle debuxou un soriso na faciana.

Ainda que estes foron os 8 mellores en Xesteiras, imos facer un breve resumo da competición.

Kaltxon colleu o liderato na 4ª xornada e xa non baixou do liderato. Chegou a desfrutar dunha diferenza de 23 puntos, posiblemente inédito en toda a historia de eltiempoentuojete. Non se víu ameazado en ningún momento ata rematar con 14 puntos sobre a segunda clasificada. Sumou 6 vitorias, coa metade delas en soidade, , máis que ninguén. Precisión en tódolos parámetros, agás se cabe en Fornelos, onde perdeu os 20 puntos de auga. Polo resto, infalible en tódolos frentes. Unha Liga perfeta e unha vitoria final indiscutible.

Beocha superou a súa mellor clasificación na Liga da Inverneira. Imposible de superar a Kaltxon, pero quedar por diante de vacas consagradas coma Botikas ou Verducido e superar a candidatos en racha coma Julio ou Landrán fan unha fazaña deste 2º posto. O segundo posto nunca da ledicia, pero no seu caso ten moito valor tendo en conta o nivel exhibido por diante e por tras. Agora, o obxectivo e coroarse en Xesteiras en vindeiras edicións.

A Botikas o 3º posto non lle sabe, pero pode dicir que, coma sempre, loitou ata o final. Compricada parte media da competición, onde tivo que reaxustar para volver precisar as súas prediccións, normalmente infalibles. Hoxe no, pero ha de valorar este podio cando pase o tempo. e na maioría dos casos, a rabia da lugar a vinganzas proveitosas. Leva tantas vitorias coma o líder, 6.

Verducido remata 4º, unha posición moi incómoda pero que vendo a calidade dos rivais, pouco se pode dicir. Tamén perdido nesa parte media da Liga, achegándose a Botikas e Beocha pero sen resultados positivos, haberá que agardar outras oportunidades no futuro.

Julio empezou moi forte, recuperándose dun retraso penalizado no inicio da competición, pero a súa segunda parte da Liga tornóuse inestable. Recuperou a confianza no final para defender a 5ª posición. O seu futuro está entre os grandes.

O final de Liga de Marius foi impresionante. Ainda que mantivo o Top-10 durante toda a competición, restou moitos puntos na parte final a contrincantes que mantiñan unha liña estable. No Top-10 e difícil restar puntos, pero foi minando a xogadores pouco a pouco e ainda que remata 6º, case vale coma Top-5.

Qué dicir de Landrán. Primeira parte da Liga con aspiración a podio como mínimo e unha segunda parte decepcionante, en caida libre. Despóis de 13 xornadas, cheguei a plantexarme apostar por el coma candidato á vitoria. Pero coma a Kaltxon fai dous anos, tenlle que valer de aprendizaxe. Gran 7º posto.

Gran 2ª parte tamén para Mina e Lume, que viñeron remontado e que semella que con 3 ou 4 xornadas máis… a saber o que podían facer. Ó contrario que outr@s, non comezaron ben pero foron de menos a máis, cunha satisfactoria 8ª e 9ª praza respectivamente.

Final feliz para Popolo no salón de masxes do Top-10. Toda a Liga rondando e resultado aceptable para un dos pais fundadores da competición.

Todo o contrario para Rasdgar e Xowi, que estiveron case toda a Liga nese Top-10 para cair ó final. De seguro que teñen un sabor acre nos beizos, pero cando outr@s teñen máis empuxe, pouco hai que facer. Bel loitado de calqueira forma.

Gran final tamén para Magor, a camiona residente ata onte, que de andar máis preto do 20 que do 15, remata forte para asinar un 13º posto (12º empatado con Xowi, con mellor coeficiente de vitorias). Despóis de ser a mellor, polo menos tivo boas sensacións nas derradeiras etapas.

Modesto e Rasta tamén foron aspirantes a Top-5 pero unha segunda parte de competición para esquecer truncaron os soños adquiridos na primeira parte. Faltóulles consistencia e rematan 14 e 15 respectivamente.

Máis aló deste Top-15, imos sinalar a Cris, novata do ano que acadou a súa primeira vitoria, como non, en soidade e cunhas grandes sensacións para asentarse coma aspirante a calqueira competición. Rodaxe é o que lle falta. Mesmo caso para The Profesor, pero desta vez sen a ansiada vitoria, que terá que agardar a novas citas para a apertura do Olimpo dos semideuses.

Ainda máis atrás está Enrico Ferni, pero este abríu a porta ata 3 veces nesta edición de acoplamento, dúas delas en soidae, facendo que a praza de rookie do ano esté máis desputada. No momento que non esqueza o día de aposta ou non sexa tardoso, poderemos falar dun adversario permenente na competición.

Polo resto, podedes consultar os datos da xornada e da clasificación xeral, coma sempre, no enlace que adxuntamos baixo estas letras.

Ainda non concretamos a localización da Liga de Primaveira. Prestade atención á web e o correo electrónico, en breve daremos sinais de futuro. Namentras,

Saúde e sorte!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *