Chuvia dubidosa

Voltamos á inestabilidade nesta 3ª etapa da Liga de Primaveira en Okinawa. Ashimine vai ter de novo esa incógnita da chuvia, que semella que nestas latitudes é francamente compricada de predicir. Polo visto nas primeiras xornadas, todo pode acontecer e seica as temperaturas e o vrnto non van quedar por tras. Ashimine agarda ós meteoludópatas de eltiempoentuojete.

As apostas en temperatura máxima están moi pechadas, indo dende os 25 ata os 29º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 20 e os 23º C., estas con menos diferenzas ainda. A precipitación é un parámetro con marxe media, con valores apostados entre os 0 e os 12 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 32 ata os 53 km/h., sendo un parámetro moito máis pechado.

Semella compricado predicir vencedores con estas mínimas diferenzas en case tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 20:30 horas do domingo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 20:30 da tarde do sábado, o levar JMA 6 horas (aprox.) de adianto no aporte de datos con respecto ó noso horario.

Seguimento da xornada

Ainda que o enlace programóuse en inglés, a web de JMA recíbenos en xaponés. Pódese traducir diretamente co traductor de Google, o que da o aceso á táboa de temperaturas e vento, e tedes que dirixirvos a “Graph” para coñecer a cantidade de chuvia recollida (aconsello o intervalo de 1 hora). Dicir tamén que non traballa a gráfica en tódolos dispositivos, polo que imos dar un itinerario para poder velo nun PC, que adoita ir mellor.

O ingresar polo enlace na web de JMA, en xaponés, seguide estes pasos:

1- Picade no logo da axencia, na parte superior esquerda da pantalla.

2- Pica en “ENGLISH” no centro superior.

3- Pica no círculo que pon “Weather” no menú central da páxina.

4- Fai scroll ata a táboa “Observation table“. Pica baixo a táboa, á dereita en “Extra detail“.

5- Aparece un mapa cun botón onde pon “Table“.

6- No menú superior pica en “Select prefecture” e marca, para esta etapa, “Okinawa Main Island” na prefectura de Okinawa.

7- Na táboa seguinte escolle a etapa desta semana, nesta ocasión, “Ashimine“. Eiquí móstranse os datos de temperatura e vento. Para acadar os de chuvia, pica en “Graph” e escolle “Precipitation (10 min. ou 1 hour)” e suma os datos que se amosan. Os datos dezminutais adotan ser tamén máis precisos.

Os datos de precipitación son inamovibles, pero os de temperatura e refacho son medias horarias, polo que poden ser susceptibles de troco no final do día, onde se ofrece unha táboa diarias cos resultados finais destes 2 parámetros. Por conseguinte, a temperatura máxima pode ser superior e a mínima, inferior. Do mesmo xeito, o refacho será un número definitivo superior ó amosado na media.

As apostas:

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *