Chuvia tardía

Ashimine foi o destino desta 3ª etapa da XII Liga de Primaveira en Okinawa. Agardábase chuvia, pero o día mantívose seco. Somentes comezou a chover unha vez finalizada a xornada, cara as 02:00 horas e foi intensa. Libres dese parámetro, as temperaturas e o refacho decidiron o resultado final.

A temperatura mínima acadóuse na madrugada e foi alta, con 22º C. A máxima subiría ata os 28º, xa pasado o vermú. A presenza da chuvia era de probabilidade impredecible e o final non se contabilizou nada. O vento marcou un refacho máximo de 42 km/h., na media do que apostaba a maioría da xeral.

O refacho foi decisivo para escoller o gañador final. O derradeiro troco foi preto da medianoite nipona e fixo que o liderato da xornada e con el o trunfo pasarana mans de Bar Pequeno con 57 puntos. Gran vitoria en soidade para un dos que optaron pola chuvia miúda. Case perfecto en tódolos parámetros, perdendo apenas 1 punto en cada un deles. Pasa do posto 16º ata o 7º (por vitorias gaña o desempate) e volve demostrar que o seu son as competicións de primaveira e vran, onde supera con creces o desenvolvemento da inverneira. Coidadiño con Bar Pequeno no extranxeiro.

Ata 5 xogadores firmaron 56 puntos en Ashimine. Denodeno foi o perxudicado pola modificación de última hora no refacho ainda que trepa 4 postos na xeral para situarse 17º. Enrico Ferni tamén ascende ata entrar no Top-10 revalorizando o seu desempeño nas primeiras etapas.. Kaltxon chega ata o 6º posto sinalando a primeira etapa coma un erro de acondicionamento. Botikas sitúase xusto por diante, na 5ª praza, xa preto das cacheiras da xeral. Beocha fáise co liderato por desempate con Magor e mantén as posibilidades intactas de acadar a vitoria final.

Con 55 puntos, Marius vai esquecendo o mal inicio de liga ata colocarse preto do Top-10, no lugar 13º. Magor e Verducido mantéñense no Top-3 en prazas de podio con diferenzas mínimas entre eles e tamén cos perseguidores pòlo que manter o nivel é unha grande responsabilidade.

Estas foron as 9 mellores puntuacións nesta xornada desputada en Ashimine. Para acadar tódolos datos recollidos na 3ª etapa da XII Liga de Primaveira pica na ligazón baixo este texto.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *