Regreso agardado ó arquipélago de Yaeyama neste periplo por Okinawa onde se desenvolve a XII Liga de Primaveira de eltiempoentuojete. Ainda que xa nos atopamos de cheo na tempada de tifóns semella que chovía máis na pretempada que a día de hoxe. O destino desta semana é Iriomotejima e tampouco se agardan escabechinas ainda que un retraso nun dos ocupantes do Top-10 vai facer que a 5ª praza esté en loita. Vexamos quén pode aproveitar a circunstancia.
As apostas en temperatura máxima están bastante abertas, indo dende os 26 ata os 32º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 23 e os 27º C., A precipitación é un parámetro incerto con valores apostados entre 0 e 8 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 38 ata os 66 km/h., sendo un parámetro moito máis aberto.
Semella compricado predicir vencedores con estas mínimas diferenzas en case tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 20:30 horas do domingo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 20:30 da tarde do sábado, o levar JMA 6 horas (aprox.) de adianto no aporte de datos con respecto ó noso horario.
Seguimento da xornada
Ainda que o enlace programóuse en inglés, a web de JMA recíbenos en xaponés. Pódese traducir diretamente co traductor de Google, o que da o aceso á táboa de temperaturas e vento, e tedes que dirixirvos a “Graph” para coñecer a cantidade de chuvia recollida (aconsello o intervalo de 1 hora). Dicir tamén que non traballa a gráfica en tódolos dispositivos, polo que imos dar un itinerario para poder velo nun PC, que adoita ir mellor.
O ingresar polo enlace na web de JMA, en xaponés, seguide estes pasos:
1- Picade no logo da axencia, na parte superior esquerda da pantalla.
2- Pica en “ENGLISH” no centro superior.
3- Pica no círculo que pon “Weather” no menú central da páxina.
4- Fai scroll ata a táboa “Observation table“. Pica baixo a táboa, á dereita en “Extra detail“.
5- Aparece un mapa cun botón onde pon “Table“.
6- No menú superior pica en “Select prefecture” e marca, para esta etapa, “Yaeyama” na prefectura de Okinawa.
7- Na táboa seguinte escolle a etapa desta semana, nesta ocasión, “Iriomotejima“. Eiquí móstranse os datos de temperatura e vento. Para acadar os de chuvia, pica en “Graph” e escolle “Precipitation (10 min. ou 1 hour)” e suma os datos que se amosan. Os datos dezminutais adotan ser tamén máis precisos.
Os datos de precipitación son inamovibles, pero os de temperatura e refacho son medias horarias, polo que poden ser susceptibles de troco no final do día, onde se ofrece unha táboa diarias cos resultados finais destes 2 parámetros. Por conseguinte, a temperatura máxima pode ser superior e a mínima, inferior. Do mesmo xeito, o refacho será un número definitivo superior ó amosado na media.
As apostas:



