Entre a terra e a auga

Ponte Caldelas fai a 5ª rolda da XIII Liga da Inverneira e de novo a chuvia é o parámetro máis inconsistente dos que temos en xogo. A friaxe húmida chegou por fin dando paso ó outono en toda a comunidade e por iso tanto as temperaturas coma os refachos van collendo importancia nas apostas semanais.

As apostas en temperatura máxima están bastante pechadas, indo dende os 15 ata os 18º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 6 e os 12º C., unha oscilación máis aberta. A precipitación é un parámetro con incógnita, con valores entre os 0 e os 6 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 15 ata os 41 km/h., sendo un parámetro un pouco máis aberto.

Semella compricado predicir vencedores con estas diferenzas de carácter medio en case tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 02:30 horas do lunes. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 02:30 da madugada do domingo, o levar Meteogalicia 2 horas e media de retraso no aporte de datos con respecto ó horario de Galicia. O cambio de hora modificará este tema.

As apostas:

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *