Troco nos resultados

aviso de troco

Dende eltiempoentuojete damos conta dunha revisión feita por Meteogalicia con respecto ós resultados recollidos este pasado domingo en Ponte Caldelas. A chuvia segue invalidada, as temperaturas non mudaron pero a corrección ven nos refachos de vento, que dos 52 km/h. iniciais recortan o dato ata os 16 km/h. definitivos.

Por falta de tempo non imos facer un resumo novo, pero sí temos que felicitar ós vencedores. Magor, Rasdgar, Enrico Ferni e Modesto foron os merecedores de trunfo tras a recalificación do refacho. 37 puntos e unha vitoria compartida no seu casilleiro.

Por outra banda pedir desculpas ó vencedor inicial, Rasta, polo mal trago que ha de estar a pasar. Facémolo porque o diaño castigador de Meteogalicia non se vai desculpar e agardamos non nos moleste máis con este tipo de falcatruadas.

Para acadar tódolos datos recollidos na 5ª e errática etapa da XIII Liga da Inverneira, pica na ligazón baixo este texto.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *