monografías
eltiempoentuojete
Nubes Altostratos. Estratos lonxe do chan
Capas de vidro a media altura
As nubes altostratos son unha nube de capa, de altitude media e que pode ocupar gran parte do ceo ou presentarse en forma de grandes manchas. Adoitan ter cor azulada ou grisácea.
Os altostratos teñen un aspecto esmerilado ou estriado e o sol pode reflexarse na s suas bases formando irisacións ó amencer e ó atardecer.
Están formadas por cristais de xeo, gotas de chuvia, copos de neve ou cristais de neve. Cando está formada maioritariamente por cristais de xeo adoita ter menos densidade. Con partículas máis pesadas a sua formación é máis densa.
Ainda que pode ser máis ou menos densa e pode deixar pasar a luz do sol ou non, ás veces presenta halo solar, ainda que difuso e brillante. Ese detalle pode diferencialos dos producidos polos cirrostratos, con radio maior e aparencia máis feble.
Os altostratos poden deixar chuvia miúda e durante un periodo de tempo máis ben pequeno. Tamén traen consigo unha baixada das temperaturas. Pero se o aire se volve inestable pode ocasionar a formación de elementos cumuliformes que poden coller moita elevación e formar cúmulos congestus o incluso cumulonimbos por correntes convectivas que penetran por baixo do altostrato.
Formación:
Poden formarse polo aumento de cirrostratos, por arrastre de cristais de xeo de altocúmulos, por estabilización dun nimbostrato ou pola propagación de nubes xeadas medias procedentes de cumulonimbos.
Especies de Altostratos
Os Altostratos non teñen nengunha especie de nube asociada.
Variedades de Altostratos
Exemplos de variedades
Características comprementarias
Exemplos C. comprementarias de Altostratos
Nubes accesorias dos Altostratos
Exemplos de nubes accesorias
Identificar os Altostratos
Os altostratos son nubes doadas de identificar no ceo, pero pensa que as nubes poden pasar dun tipo ou especie a outra de modo moi rápido. É unha capa grisácea ou azulada, con aspecto estriado, coma cristal esmerilado. Pode deixar ver o sol en zonas máis finas da nube. Pode deixar precipitacións nalgúns caso, pero adoitan ser febles.
É Altostrato cando...
- Ten cor gris máis ben escuro
- Capa uniforme, ocupa moito ceo
- Está a media altitude
Non é Altostrato...
- Se é un grupo de nubes
- Se forma un halo solar definido.
- Está a nivel baixo na atmosfera
Comparando
- Os altostratos comparten semellanzas con altocúmulos e estratocúmulos, pero os altostratos apenas teñen características e carecen de especies.
- Tamén gardan semellanzas cos Estratos, pero os altostratos teñen unha altitude superior, polo que a visibilidade será maior na distancia que con estratos.
Apuntes
- Están formadas por pequenas gotas de auga moi fria ou cristais de xeo. Por iso, o sol sempre se verá borroso, pero nunca formará halo solar.
- As nubes pannus son visibles moi a miúdo baixo os altostratos. Ó comezo son pequenas, pero aumentan cando medra o altostrato e chegan a formar unha capa uniforme por baixo.
Nubes en el Ojete. Nubes en time lapse
Se queres ver videos de Altostratos en time lapse, estás invitado a visitar a nosa páxina de YouTube, onde atoparás videos de éstas e outras especies e variedades de nubes.
Fontes:
Relación de fotografías
- Altostratos na Ría de Pontevedra (Portada)
- Altostratus opacus (Chan de Cabeiro, Caroi)
- Altostratus translucidus (Pontevedra)
- Altostratus undulatus (Armenteira)
- Altostratus undulatus (Alba)
- Altostratos pannus (Pontevedra)
- Altostratos pannus dende Lérez
- Altostratus opacus (Pontevedra)
- Altostratus mammatus (Cotobade)
- Altostratus virga (Cotobade).