Entorno
A terceira cita da VII Liga da Primaveira ten a sua ubicación en Ballina, para ser exactos na estación situada no aeroporto. Ballina está no extremo norte do estado de New South Wales.
A cidade de Ballina está situada en Northern Rivers, ao norte do estado de New South Wales, preto da fronteira do estado de Queensland. Na marxe do río Richmond, é a porta de entrada da Byron Bay. Atópase a escasos 20 kilómetros do Cabo Byron, o extremo máis oriental do territorio australiano continental,
A cidade de Ballina establecéuse na década de 1840 e foi un porto importante na sua época. En 1866 púxose en funcionamento un faro sustituido 1880 polo todavía en funcionamento, feito tamén por James Barnet. Neste porto arribaron os compoñentes de Las Balsas, unha das expedicións que demostraron que podían navegar en balsa dende Ecuador ata Australia, capitaneadas polo español Vital Alsar.
Localización
Datos da estación
A Estación Ballina Airport está ubicada a -28,50º de latitude e 153,33º de lonxitude e a unha altitude de 1.3 metros. Situada, daquela, no estado de New South Wales, foi dada de alta o 20 de Xuño de 2006.