monografías
eltiempoentuojete
O nome das borrascas (por Verducido)
Seguro que moit@s de vos recordades temporais míticos en Galiza, coma o Hortensia, Klaus ou Wilma. Na zona do Caribe, Katrina, Andrew ou a derradeira e destructora Irma. Quén lle da os nomes ás borrascas que se suceden ó redor do planeta?
O pasado
Durante centos de anos os furacáns das Indias Occidentais recibían o seu nome do día do santo no que acontecían. Así, o furacán que atravesou Puerto Rico o 26 de xullo de 1825 chamouse Santa Ana. No mesmo país tiveron dous San Felipe, o 13 de septembro de 1876 e 1928 respectivamente.
Ivan R. Tannehill, meteorólogo e escritor conta que foi Clement Wragge, meteorólogo inglés en Australia, o que comezou a chamar ás tormentas con nome de muller, coma facían os mariñeiros. En 1953 tamén USA comezou a nominar ás borrascas con nomes femeninos. Foi no 1978 (no Oc. Pacífico) e 1979 (no Oc. Atlántico) cando se impuxeron os nomes mixtos, tanto de home coma de muller.
O presente
A día de hoxe, os nomes das borrascas que afectan Europa, veñes definidas polo Departamento Meteorolóxico da Universidade Libre de Berlín. Dende 1954 bautiza cada perturbación atmosférica, altas ou baixas presións en superficie. Estes nomes son asumidos polos medios de comunicación e incluso por axencias meteorolóxicas, ainda sen ter carácter oficial. O mellor é que calqueira pode apadriñar ou participar na asignación dos nomes. Podes ir pola vía gratuita, buscando unha letra libre ou incluso facer unha “adopción en risco” porque non se coñece o número exacto de eventos. A outra opción é puxar nunha subasta de eBay. Se despois de conseguilo e cumprir unha serie de normas, enviarante un certificado con mapas, historial de vida… As altas presións (entre 50 e 60 por ano) cotízase a 299€ e as baixas (aprox. 150 por ano) en torno a 199€. Os cartos destínanse a proxectos de investigación meteorolóxica.
O futuro
A WGCEF (Grupo de Traballo para a Cooperación de Pronosticadores Europeos), formada no no 1995 están a estudar o establecemento dun sistema común para nominar ás borrascas con impacto en Europa. Dende 2013 traballan nun proxecto de unificación dos esquemas existentes en coordinación coa Universidade Libre de Berlín (os que nominan actualmente) e construindo agrupacións locais que permitan cubrir toda Europa. As labores inclúen a aprobación da OMM (Organización Mundial de Meteorología) e un status equiparable o das tormentas tropicais. O obxetivo final é integrala no EMMA (Meteoalarm), o servicio meteorolóxico a nivel europeo, cara 2019.