Achega a Pakistán

Primeira toma de contacto en Cachemira e ainda dubidamos se realmente traballa ben a estación, sobre todo no parámetro da chuvia. Non nos cansaremos de recordar o importante que é pasar pola páxina da axencia que aporta os datos para ver cómo se comporta. E quizais por iso, ou non, somentes temos 6 puntuacións que acadaron os 50 puntos en Chakothi.

A temperatura mínima non baixou na madrugada dos 25º C., un valor que marcaron pouc@s d@s apostantes. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 32º C., agardada tamén por pouc@s. A presencia da chuvia foi inexistente e o vento marcou un refacho máximo de 1.9 nós, 3 km/h. miserentos nestas altitudes.

Así atopamos 3 vencedores que de seguro visitaron a páxina pakistaní da FAWS. Con 57 puntos levaron a vitoria Julio, Botikas e Verducido, os tres moi activos esta tempada e con fame de títulos. Pouco erraron as prediccións e xa se postulan coma grandes candidatos a entrar entre os 16 mellores, que da o acceso á Ojete’s Cup.

55 puntos para Beocha, que tamén andivo preto entódolos parámetros e sitúase nunha 4ª posición moi privilexiada.

Mesmo caso para Lume con 54 puntos localizada na 5ª posición da xeral.

M. B. Joaquín tamén foi dos que puntúa cun 5 por diante, con 50 puntos.

49 puntos obtiveron Bar Pequeno e Kaltxon, que non perden comba dos mellores.

Víbora, con 48 puntos, que remata no noveno posto xeral.

Estes foron os 9 mellores competidores nesta etapa inaugural. Para acadar tódolos datos recollidos na derradeira etapa da XI Liga de Primaveira pica no enlace baixo este texto.

Saúde e clima!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *