Amosando a calidade

Deu comezo a XII Liga da Inverneira de Galicia, de novo no concello de Ribeira, na mítica estación de Corrubedo. E sendo unha etapa cunha probabilidade de chuvia morniña, os resultados foron espectaculares. Somentes os 3 penalizados estiveron por baixo dos 50 puntos, e dous deles, de cumpriren os prazos, estarían no Top-10 en Corrubedo. Non sendo Julio, os grandes aspirantes ó título apíñanse en menos de 5 puntos, cinguidos polo resto de candidatos caladiños para non espertar sospeitas. Incluso temos que felicitar ós morróns, eses novatos de 1º ano. A calidade das apostas estivo por riba de calqueira espectativa imaxinada.

A temperatura mínima acadou na madrugada os 12º C. Na tardiña acadóuse a máxima diaria con 319º C. A presencia da chuvia non foi acusada nin sequera na humidade, a seca foi predominante. O vento marcou un refacho máximo de consideración con respecto a este país de 40 km/h.

E deste xeito atopamos os primeiros vencedores da tempada de outono. Ata 3 concursantes, a cada cal nun momento máis distinto, acadaron os 59 puntos, preto do pleno que aquí xa se acadara fai un par de tempadas. Botikas, recente gañador da Ojete’s Cup en Pakistán, Xowi, que concluíu coma derradeiro clasificado e Mingos, desaparecido durante o vran, foron o trío triunfante nesta etapa inaugural. Mallaron por igual as temperaturas e a pluviosidade, deixando menos de 5 km/h do bingo en refacho, nunha exhibición de predicción nostradámica. Encabezan a primeira posición da xeral en Corrubedo.

Con 58 puntos e un desenvolvemento notable no concello de Ribeira, sítúanse un punto por tras Verducido, Beocha e Modesto, que durante un breve periodo de tempo foron líderes desta xornada. Díxitos moi axustados para situarse no Top-10 agochados á espera do erro dos destacados. Verducido e Beocha sempre aspirantes e Modesto coa nasa lanzada.

No terceiro grupo, con 57 puntos, tamén atopamos candidatos que precisan dar un paso adiante. Marius, Landrán e Kaltxon son eternos rapaces de ouro á espera de eclosionar. Temperaturas con xeito pero dos que se agardaba máis, ainda con predición xeral resultona. Neste grupo colóuse M.B.Joaquín, gran xogador de etapas soltas con chuvias torrenciais que nesta ocasión completou unha grande etapa en seco. Completan o Top-10 desta aperura nas montañas de area.

Estes foron os 1o mellores competidores nesta etapa de Corrubedo. Para acadar tódolos datos recollidos na primeira etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *