Unha vez máis nos atopamos en Corrubedo, no concello de Ribeira, para inaugurar o curso meteorolóxico amateur de eltiempoentuojete. Iniciamos deste xeito a XII Liga da Inverneira, con sede en Galicia, na primeira das 27 etapas que nos van levar ós catro puntos cardinais do país. Esta xornada semella que non vai ter moita zorza pra chourizo pero alomenos existe a posibilidade de precipitacións, dentro dunha pequena fronte que vai cruzarnos sen tempo a darnos conta.
As apostas en temperatura máxima están moi pechadas e van dende os 17 ata os 21º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 11 e os 15º C., estas tamén con pequenas oscilacións. As precipitacións móvense nun rango de amplitude de entre 0 e 5 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 24 ata os 49 km/h. cunha aposta á baixa de 6 km/h.
Semella compricado de predicir vencedores con estas pequenas diferenzas e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 02:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 02:00 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 2 horas de retraso no aporte de datos.
As apostas:

