O domingo en Lira, no concello de Carnota, asistiremos á derradeira exhibición de forza da borrasca Claudia. Seica lle colleu o gusto á nosa latitude e quedou esta semana repartindo auga e vento a dolor. E cando xa semellaba que gastara todo o que tiña, ofrecerá a derradeira (ou non) función para deleite dos meteoludópatas de eltiempoentuojete. Apostas de tódolos colores sobre todo nos parámetros de chuvia e vento, o que deixará resultados variopintos na clasificación xeral e xa veremos qué trocos acontecen.
As apostas en temperatura máxima van estar moi pechadas e van dende os 12 ata os 15º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 8 e os 13º C., estas de novo con oscilacións medias. As precipitacións é o parámetro máis discutido, con valores que van a seca, 0, ata os 59 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 15 ata os 84km/h., sendo o parámetro máis aberto.
Non semella doado predicir vencedores con estas grandes diferenzas nos parámetros que son a chuvia e o vento e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 01:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas de retraso no aporte de datos.
As apostas:



