A 7ª etapa da IX Liga de Primaveira rememora o fin do Imperio francés de Napoleón Bonaparte en territorio belga. Na nosa batalla, a celebrar moi lonxe do lugar orixinal, non hai coalicións nen nada parecido. Vai ser unha batalla entre máis de 30 exércitos pequenos no norte do continente americano en campo compartillado polas cidades de Kitchener e Waterloo. Botikas e Sarabia son os nosos Napoleón e o Duque de Wellington, pero abondan os xenerais novici@s con fame e vontade de engadir o seu nome á historia bélicista de eltiempoentuojete.
A batalla promete emoción, pois os parámetros de temperatura e refacho de vento están moi parellos en canto as apostas, pero difiren e moito nas cantidades que se esperan recoller de chuvia. Oportunidade para recortar puntos ou de ensanchar diferenzas…
As apostas en temperatura máxima van dende os 15 ata os 20º C., cunha punta en 23º C. As mínimas abarcan dende os 3 e os 10º C., cunha punta alta en 13º C. As cantidades de auga apostada oscilan entre 0 e 15 litros, polo que se agardan diferenzas notables neste parámetro. Os refachos de vento están encadradas entre os 24 e os 60 km/ h.
Moi interesante estapa a de Kitchener – Wateloo da que ofertamos un seguimento da xornada ao vivo dende este enlace, a partires das 06:00 horas desta madrugada.
Polo que afecta á 7ª xornada da OjeteQuake 2022, hai que destacar o despiste do líder, con penalización por retraso, ainda que semella non se vai ver moi afectado, á conta da traxectoria impecable que carrexa nesta edición. Veremos se continúa puntuando nos 400 puntos, para o que precisaría un pleno. Pero os lobos cheiran o sangue…
Máis amplitude de apostas no mapa da xornada, semella que alguén ten un “chivatazo”. Ainda así, o groso das prediccións sinalan ó sudeste asiático, con especial seguimento na parte oriental de Indonesia. Outro grupo ocupa o norte de Filipinas, Illas Marianas e os arredores de Taiwan. Marcas tamén en Xapón, no norte oriental de Rusia e no Nepal. Outro grupo decantóuse polo sur de Nova Zelanda, mentras outro ocupa a vertente do Pacífico en Sudamérica. Parella de apostas en Máxico e incluso atopamos apostas en Irán e na costa mediterránea de Marrocos, preto do Estreito de Xibraltar. A magnitude máxima apostada e de 6,5 Mw, ainda que atopamos varias apostas por riba dos 6 Mg.
Con todas estas opcións agardamos unha etapa con moito percorrido. Podes seguila ao vivo dende este enlace a partires das 02:00 horas desta madrugada.