Cachetada hídrica

Dúas xornadas de chuvia e semella ainda non estamos preparados para o que se nos ven enriba. Sonaba a chuviosa a xornada de Ponte Caldelas, pero diso a que ninguén puntuase en auga hai un treito longo. Nin Julio, coa aposta máis alta do día, que incluso chegou a estar na 4ª praza, restando a penalización da primeira etapa, nin Botikas, o xenio predictor, nin Kaltxon, o líder puderon puntuar nesta 5ª cita de competición. E nin sequera Magor, actual campiona e raiña indiscutible do pluviómetro pudo demostrar as súas cualidades este domingo. Con máis de 20 litros de diferenza coa realidade, ninguén merece puntuar e iso igualou os marcadores e os mellores en temperatura e refacho levaron as mellores puntuacións.

A temperatura mínima non se acadou na madrugada, senón xa ben entrada a noitiña con 14º C., alta para o frío que predicían as axencias. Na primeira hora de competición acadóuse a máxima diaria con 18º C. A presencia da chuvia estaba cantado que sería cuantiosa, como así foi, pero moi por riba do agardado, acadando os 57 litros. O vento marcou un refacho máximo de mediana consideración na hora do vermú con 41 km/h.

E despóis de múltiples líderes onde Julio semellaba que daría a badalada final, pasóuse á loita con temperatura e vento e foi onde destacaron os 3 xogadores trunfantes. Xowi, Sarabia e Breogán77 levaron a vitoria sendo os mellores nos parámetros en xogo. Moi finos no que se xogada, sumaron 38 puntos no marcador. Podemos chamarlle pírrica a esta vitoria, pero foron mellores que o resto. Xowi sube ata a 4ª praza, Sarabia ata a 14ª e Breogán77 ata compartir Top-10 na 12ª compartillada.

Ata 6 meteoludópatas compartiron a segunda mellor puntuación, 37 puntos. Rasdgar sube ata a 15ª posición. Mingos ata a 19ª, con aviso de penalización na próxima xornada, derradeira con marxe ata as 01:00 (non para el). Marius e Julio comparten praza no Top-10 con este último firmando unha remontada de moita categoría. O líder Kaltxon aumenta a vantaxe e mantén a cacheira da xeral, mentras Michi segue asombrando e colócase na 7ª praza compartida.

Estes foron os 9 mellores competidores nesta etapa de Ponte Caldelas. Para acadar tódolos datos recollidos na terceira etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *