O penúltimo chanzo na escada que leva á resolución das 2 cuestións do Torneo de Vran en Cachemira xogáronse en Bandi Abbaspur. Para a pregunta de quén levará o título, a resposta está máis clara que nunca. Despois da desaparición da loita por parte de Julio debido a un retraso inesperado, o novo líder Botikas colle unha marxe que pode ser suficiente para alzar o trofeo. Pola pelexa polos derradeiros postos que dan acceso á Ojete’s Cup, dúas damas da competición, Sarabia e Mina, contan con desbancar a Rasta e Popolo das súas posicións de privilexio. Esta batalla sería o normal, pero podemos ter retrasos, esquecimentos, erros na localización…
A temperatura mínima non baixou na madrugada dos 23º C., un valor que marcaron moit@s d@s apostantes. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 33º C., agardada tamén por menos xente. A presencia da chuvia, inexistente e o vento marcou un refacho máximo de 6.6 nós, 12 km/h.
E con 58 puntos atopamos o gañador, repetitivo como o choruzo ceboleiro, Botikas. 3ª vitoria nesta edición, errando somentes na predicción da chuvia. Colle 4 puntos sobre o segundo posto e 5 sobre o terceiro, o que lle da unha vantaxe case definitiva. Ainda que tod@s poden ter un mal día… Sinalar tamén a Popolo, do que falariamos de vitoria compartida se non asinase un retraso na aposta e de seguro evitaría unha derradeira xornada para defender o posto na Ojete’s Cup. Ay, menuda cacholiña!!
Na segunda praza, con 57 puntos ven Verducido, que non se arreda do liderato pero que ten unha desvantaxe clara para acceder á vitoria final. Kaltxon metéuse nos cacheiras de serie para a Ojete’s Cup e ten a tiro mellorar a posición na derradeira xornada en Garhi Dupatta.
56 puntos para Landrán que, dentro do Top-16 comparte posto con dous competidores. Compoñente Sur, no Top-8 ainda pode mellorar posición, no mesmo caso que Lume. Beocha, pechando o Top-3 pode asaltar a segunda praza de Verducido.
Estes foron os 7 mellores competidores nesta etapa de Bandi Abbaspur. Para acadar tódolos datos recollidos na derradeira etapa do XI Torneo de Vran pica no enlace baixo este texto.

