Regulamento

Obxetivo do xogo

Trátase de predicir a temperatura, refacho máximo de vento e auga recollida. Todo isto nun lugar de Galicia (ou fora) e nunha data predeterminados.

A estación metereolóxica escollida para cada xornada podes consultala  no Calendario de Competición. Todas as xornadas están datadas antes do comezo da Liga.

As apostas (ou prediccións) serán enviadas dende o formulario que se atopa aloxada na páxina da xornada en curso. No caso de erro ou omisión do mesmo, acéptase e-mail ó correo electrónico eltiempoentuojete@gmail.com. As apostas deben ser enviadas antes das 24:00 horas do venres anterior á xornada. O retraso conleva penalización (no apartado inferior). Recorda que podes apostar dende o lunes desa mesma semana, non tes por qué chegar tarde.

Todas as xornadas se xogan en Domingo. 

As prediccións constan de tres parámetros:

  • Temperatura ….. Máxima e mínima en grados centígrados.
  • Refacho máximo de vento….. Expresado en Km/h.
  • Cantidade de auga recollida…..Medido en litros por metro cuadrado.

A xornada comeza ás 00:00 horas da data en cuestión e remata ás 24:00 da mesma. 

Puntuacións

A puntuación vai distribuida da seguinte maneira:

A sinalización perfecta, isto é, un pleno, puntúa 60 puntos.

Otórgase un valor de 20 puntos para cada un dos tres parámetros. A temperatura divídese en máxima e mínima, con dez puntos para cada valor.

A aposta de temperatura debe ser un valor enteiro, sen decimais. Tanto a máxima coma a mínima recollidas da web de Meteogalicia será redondeada. Aplicamos o redondeo cara arriba cando o valor do decimal é 6 ou superior.

5,5  ⇒⇒ 5

5,6  ⇒⇒ 6

A aposta de pluviosidade debe ser un valor enteiro, sen decimais. O dato de auga acumulada recollido de Meteogalicia será redondeado. Aplicamos o redondeo cara arriba cando o valor do decimal é 6 ou superior.

5,5  ⇒⇒ 5

5,6  ⇒⇒ 6

A aposta de refacho máximo de vento debe ser un valor enteiro, sen decimais. O dato de refacho recollido de Meteogalicia será redondeado. Aplicamos o redondeo cara arriba cando o valor do decimal é 6 ou superior.

  • Ainda que a web de Meteogalicia ofrece un valor redondeado de refacho na páxina da estación, o resultado final se amosa con dous decimais, do que somentes colleremos o primeiro. O segundo decimal non se redondeará.

Contraste cos datos de Meteogalicia

Temperaturas. Pérdese un punto por cada grado de diferenza coa távoa de Meteogalicia.

exemplo puntuación temp-min

Pluviosidade. Pérdese un punto por cada litro de diferenza coa távoa de Meteogalicia.

exemplo puntuación auga-min

Refacho máximo. Pérdese un punto por cada tramo de 5 km/hora de diferenza coa távoa de Meteogalicia. O tramo tómase a partir da tua aposta.

exemplo puntuación refacho-min

Proveedor de datos

O distribuidor dos datos será Meteogaliciaaxencia galega de Meteoroloxía. Ten a infraestructura necesaria: teñen as suas propias estacións meteorolóxicas por todo o territorio de Galicia. Ademáis contan cun servicio de información entre os mellores do mundo. Datos das estacións en directo, históricos, en varios formatos… E dan un boletín diario do acontecido en cada estación, que será o que publiquemos e do que colleremos os datos definitivos. Mantemos tamén un enlace constante á estación en xogo durante toda a fin de semana

Penalizacións

Non se permiten retrasos. Aplicarase unha penalización de -10 puntos cando alguén aposte despois das 00:00 horas. Non se permiten as apostas despois das 18:00 horas do sábado.

Na Liga da Inverneira as penalizacións seguen vixentes para @s retrasad@s que aposten despóis do horario previsto. Durante as primeiras 6 xornadas perdoaremos a quen aposte antes da 01:00 horas, sempre que non o faga por 3ª vez. Ou sexa, podes chegar tarde duas veces, nas 6 primeiras xornadas, pero sempre antes da 01:00 horas. Este periodo está feito para adaptar o horario á xente olvidadiza e con retardo.

Despóis da 6ª data as penalizacións serán implacables con calqueira que sobrepase o tempo límite de aposta.

Erros na estación

Se percatándonos con antelación que un aparello dos tres que compoñen a estación non funciona, este aparello está suxeito a validación somentes no caso que funcione mais do 75% do día da aposta (esto é 18 horas das 24). Por debaixo dese 75%, o dato recollerase da estación suplente, no caso que presentaramos algunha. Se non marcamos ningunha estación coma suplente, o dato ou datos serán anulados da Porra semanal, quedando ese campo deserto.

Se non funcionaran dous dos tres aparellos da estación, pasaremos tódolos datos a unha estación suplenteno caso de habelaNo caso contrario, toda a xornada e os seus datos quedará anulada.

Desempates

Nas xornadas de Liga poden existir varios gañadores. Cando dous ou máis apostantes rematen a xornada coa mesma máxima puntuación, éstes serán vencedores iguais. Na casilla de Vitorias Históricas anotarase unha vitoria compartida a cada xogador. No caso de ter acceso ó premio, éste repartirase a partes iguais, non sendo que coexistan 5 ou máis gañadores. Nese caso, ó ser tan pequeno o premio, cederase involuntariamente á organización. 

No caso dun final de Liga, e estando dous ou máis apostantes coa mesma puntuación final, o primeiro factor de desempate será a cantidade de vitorias acadadas, tendo en conta que valórase máis unha vitoria en soidade que as compartidas. Se persiste a igualada, será a vitoria con maior puntuación a que decida o gañador. De ser iguais, buscaremos entre as puntuacións mínimas de cada xogador e colleremos a de maior valor. No extremo de que ainda estén empatados, e, sendo unha liga de 25 xornadas, pasaremos a dividir a vitoria, o premio, e ata o trofeo.

Se o problema estivese nun Torneo de Vran, con clasificación para a Ojete’s Cup, tamén serán as vitorias o factor de desempate co mesmo sistema que para un final de Liga. No caso de non ter vitorias nengún dos empatados, a maior puntuación das acadadas en todas as xornadas será a que dé o punto decisivo para estar por diante. No caso de ser a mesma, a menor das puntuacións en tódalas xornadas dará un paso atrás para o competidor posuidora da mesma.

A Ojete´s Cup ten a sua propia normativa, explicada a continuación.

A Ojete´s Cup

É un torneo eliminatorio modelo un-contra-unOs emparellamentos veñen dados pola clasificación obtida no Torneo de Vran. Así, @ primeir@ clasificad@ terá como contrincante @ derradeir@ clasificad@, no posto 16. O número 2º contra o 15ª, o 3º contra 14, e así sucesivamente, ata o 8º contra 9º. Tede en conta que os 8 primeir@s serán cabezas de serie e terán algúns privilexios.

No caso de empate a puntos nunha eliminatoria, o desempate virá dado polo refacho mais preciso. Se o refacho da estación marca 20 km/h e xogador A aposta 24 e xogador B aposta 17, gañaría a aposta mais cercana, nete caso a B. Se o empate continuase despois desta operación, pasaría adiante @ que mellor clasificación tivera no Trofeo de Vran. Por iso e importante clasificar nos 8 primeir@s e conseguir ser cabeza de serie.

Os que queden eliminados na primeira xornada seguirán xogando, desta vez por evitar o lodo absoluto, en eliminatorias por un posto mellor. No cadro da Ojete Cup atoparás o teu novo contrincante, tanto se gañaches como se perdestes, para a nova xornada en vigor.