Entorno
Cabeza de Manzaneda é a 17ª xornada da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. Ainda que non sempre decisiva, está considerada coma a etapa raíña no periplo galego da Liga. Quizais sexa a sua altitude. Ou porque alberga unha estación de esquí. Ó mellor é que o seu nome faite tremer coma unha folla…
A estación de esquí de Cabeza de Manzaneda leva aberta dende o ano 1969. Ata o 1971 non asfaltaron o camiño ata o refuxio e a partir dese momento acuden un sinfín de autobuses os fines de semana. No 72 remata a estrada e a linea eléctrica e comezan as obras de hoteis, bungalows e telesquís, máis tarde telesillas. Despóis duns anos sen neve ó final dos 80, a Xunta de Galicia compra a estación no 1990.
Dende entón a estación de Cabeza de Manzaneda foise modernizando e apostando pola diversificación. Levántase un polideportivo cuberto, mellórase a estrada dende Trives reemplázanse os telesillas. Últimamente apostan polo circuito de descenso de bicis (Bike Park), trocaron a piscina por un Spa termal, unha Tirolina Xigante e Parque Multiaventura.
Localización
Datos da estación
A Estación Cabeza de Manzaneda está ubicada a 42,26º de latitude e -7,3º de lonxitudee a unha altitude de 1758 metros. Situada, daquela, no concello de Manzaneda, provincia de Ourense, foi dada de alta o 14 de Decembro de 2006.
Sensores
- Anemómetro-Veleta
- Anemómetro-Veleta
- Batería
- Piranómetro
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Sonda de Presión
- Sonda de Temperatura de Superficie
- Sonda de Temperatura do Solo
- Sonda de Temperatura e Humidade
Gañadores anteriores
- 2014: Mina
- 2014/15: Víbora, Mutombo
- 2015/16: Iago, Cesar
- 2016/17: Lume, Gengis Khan
- 2017/18: Punteiro
- 2018/19: Xowi, Mutombo