1ª xornada
Corrubedo
Entorno
A etapa inaugural da IV Liga da Inverneira lévanos de novo ata Corrubedo, no concello de Ribeira. Preparad@ para afrontar un reto meteorolóxico ó alcance de moi poucos? A quinta edición comeza hoxe e tod@s queremos ser coronad@s reis da meteoludopatía amateur na meta de Cuntis, despóis de seis duro meses de inverno. Pero o primeiro é o primeiro… Benvidos ós novos e saudos ós de sempre.
Iniciamos esta 6ª aventura nas terras de Galiza onde sempre o facemos. A xornada inaugural da Liga da Inverneira xógase no concello de Riveira, na provincia de A Coruña. A escollida non é outra que a clásica de Corrubedo. Ésta é a primeira toma de contacto coa dos meteoludópatas de eltiempoentuojete. Comeza a competición meteorolóxica meirande no mundo actual.
O Parque Natural das Dunas de Corrubedo atópase no municipio de Santa Uxía de Riveira, entre a ría de Arousa e as de Muros e Noia. Cunha extensión de 1000 Ha. podemos atopar fermosas praias, zonas de dunas (algunhas móviles) e lagoas tanto de auga salgada coma doce. Grande variedade de fauna e flora e ata restos megalíticos.
Localización
Datos da estación
A Estación Corrubedo está ubicada a 42,56º de latitude e -9,03º de lonxitude e a unha altitude de 30 metros. Situada, daquela, no concello de Ribeira, provincia de A Coruña , foi dada de alta o 11 de Febreiro de 2000.
Sensores
- Anemómetro-Veleta
- Piranómetro
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Sonda de Presión
- Sonda de Temperatura e Humidade
Cámara ao vivo
Gañadores anteriores
- 2014/15: Mina
- 2015/16: Michi
- 2016/17: Mina
- 2017/18: Iago
- 2018/19: Oscar, Balboa