Entorno
A 18ª xornada da V Liga da Inverneira está adxudicada a estación Courel, no concello Folgoso de O Courel. Afrontamos as derradeiras xornadas de montaña e todavía podes aproveitalas, a menos que esperes que pasen canto antes. Normalmente chuvioso, O Courel agarda e ás veces non perdoa…
O relieve foi o que salvou a O Courel de moitos avatares históricos, polo que podes atopar restos prehistóricos ben conservados. Ademáis, os restos de minas de ouro romanas son moitos. Eran explotacións a ceo aberto, onde a auga facía os traballos de desmonte, arrastre e lavado do material. Moitos son os canais excavados no monte para recoller e transportar a auga que ainda están á vista.
A fauna de O Courel é das máis ricas do noroeste ibérico. Atopamos ó lobo no alto da pirámide, raposos, martas… Xabaríns e corzos campan tranquilamente. Aves rapaces coma falcóns, cernícalos, gaviáns. Últimamente perdemos de vista ás aguias reais, que antes criaban na serra. O mesmo sucede cos buhos reais. Entre os reptís, varias cobras, víboras e lagartos. Na fauna fluvial destacan troitas, anguías, tritóns, salamandras, e rás. En Formigueiros e O Couto viven o 70% das volvoretas do país.
Localización
Datos da estación
Sensores
- Anemómetro-Veleta
- Piranómetro
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Sonda de Presión
- Sonda de Temperatura de Superficie
- Sonda de Temperatura do Solo
- Sonda de Temperatura e Humidade
Gañadores anteriores
- 2014/15: Xowi, Anita
- 2015/16: Lume, Pepe
- 2016/17: Fisfas
- 2017/18: Lume
- 2018/19: Popolo, Punteiro