Entorno
A oitava cita da V Liga da Inverneira volta ó concello de Riveira. Desta vez visitamos a Illa de Sálvora, na bocana da Ría de Arousa.
A Illa de Sálvora atópase no concello de Riveira e, por ende, no Océano Atlántico. Ainda que orixinalmente formou parte de Cabildo Catedralicio de Santiago, foi estratéxica na defensa de incursións invasoras. Foi o enclave onde se instalou a primeira factoría de salazón e secado de peixe de Galicia. Estivo a cargo coruñés Jerónimo de Hijosa en 1770.
O Parque Nacional das Illas Atlánticas incorporou Sálvora no 2001. O resto de illas son Ons, Cíes e Cortegada. Coma aspirantes a entrar no Parque Nacional están a Illa de Tambo, na ría de Pontevedra e as Illas Sisargas, na Costa da Morte. A sua entrada, nos dous casos, depende da compra por parte de Governo ou da Xunta de Galicia.
Localización
Datos da estación
A Estación Sálvora está ubicada a 42,47º de latitude e -9,01º de lonxitude e a unhaaltitude de 24 metros. Situada, daquela, no concello de Ribeira, provincia de A Coruña, foi dada de alta o 20 de Xuño de 2006.
Sensores
- Piranómetro
- Anemómetro-Catavento
- Sonda de Temperatura e Humidade
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Sensor do Brillo do Ceo Nocturno
Gañadores anteriores
- 2014/15: Mina, Xowi
- 2015/16: Popolo
- 2016/17: Mac, Anita, Popolo
- 2017/18: Verducido