2ª xornada
Penedo do Galo
Entorno
A segunda etapa da V Liga da Inverneira lévanos ata a fronteira noreste da comunidade, preto dos amigos astures. Lugar de reunión de vellos punkis e novos grinders.
A segunda xornada da V Liga da Inverneira de Galicia achéganos ata a fronteira norte do país. O Penedo do Galo é un monte no concello de Viveiro, máis coñecido polos seus cantís, covas subterráneas e pequenas praias agachadas entre un litoral verde, rocoso e agreste. Do río Landro nace a Ría de Viveiro, cun clima oceánico que da coma resultado invernos e vrans con temperaturas moderadas.
A Semana Santa de Viveiro ten interés turístico internacional e a Romería do Naseiro, de interés nacional son as grandes festas de sempre. Máis moderno (dende 2006) é o Resurrection Fest. Gran festival de música extrema nos seus comezos, que semella evolucionar, como seu nome indica, cara a recuperación económica de vellos grupos que queren voltar ó rego do sexo, drogas e rock & roll.
Localización
Datos da estación
A Estación Penedo do Galo está ubicada a 43,66º de latitude e -7,56º de lonxitude e a unha altitude de 545 metros. Situada, daquela, no concello de Viveiro, provincia de Lugo, foi dada de alta o 1 de Xuño de 2005.
Sensores
- Piranómetro
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Sonda de Temperatura e Humidade
Gañadores anteriores
- 2014/15: Beocha
- 2015/16: Petrus
- 2016/17: Beocha, Michi, Petrus
- 2017/18: Beocha, Verducido