Entorno
A xornada inaugural da VII Liga de Primaveira vaise desputar na Mid-north Coast de New South Wales. O lugar escollido é o Kempsey Airport, 15 kilómetros terra adentro.
Kempsey é unha poboación fundada en 1836. Colonizouse polas empresas madeireiras pola cantidade e calidade do cedro vermello. Agotóuse na década de 1960 e a industria leiteira tomou o mando da economía. Actualmente ten unha tasa de paro do doble da nacional e unha alta criminalidade creada a partires da adicción ás metaanfetaminas, ainda que un programa gubernamental está reducindo os delitos.
Nesta zona vivíu o nativo John Moseley e sua familia, loitadores polos dereitos dos aborixes. A Ley de Protección dos Aborixes de 1909 derogou unha Ley Seca para os nativos e permitiu ó estado australiano crear reservas e coller custodia dos seus fill@s, que forman parte das Xeracións Roubadas dende a sua implementación ata a sua derogación en 1969. Os estudios ainda reflicten un maior índice de adicción ó alcohol e as drogas nos aborixes.
Localización
Datos da estación
A Estación Kempsey Airport está ubicada a -31,07º de latitude e 152,77º de lonxitude e a unha altitude de 13 metros. Situada, daquela, no estado de New South Wales, foi dada de alta no 2001.