7ª xornada

logo liga de primaveira 2020 new south wales australia eltiempoentuojete

Norah Head

Entorno

A sétima etapa da VII Liga da Primaveira fai parada e fonda na Central Coast, pertencente a New South Wales. Atopámola entre Newcastle e Sydney e o seu nome orixinal foi Bungaree Noragh Point.

O faro de Norah Head foi o derradeiro faro importante construido en New South Wales. Rematouse en 1903, despois de varios naufraxios preto da costa. Está dotado de tres sinais distintas. Ainda que se mantén en activo, é moi coñecido polos enlaces matrimoniais. As cabanas orixinais están dispoñibles en arrendamento.

Durante a II Guerra Mundial esta costa foi escenario de varios enfrontamentos entre a Marina mercante e a Armada xaponesa, que afundiu tres barcos, dous deles por minas marinas e outro abatido por un submarino. Outros ataques de menores consecuencias tamén foron rexistrados.

Localización

Datos da estación

A Estación Norah Head está ubicada a -33,16º de latitude e 151,34º de lonxitude e a unha altitude de 18 metros. Situada, daquela, na rexión de Central Coast, no estado de New South Wales, foi dada de alta o 20 de Xuño de 2006.

Esta xornada vaise desputar o Domingo 17 de Maio. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 15 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa.