10ª xornada

logo liga de primaveira 2020 new south wales australia eltiempoentuojete

Perisher Valley

Entorno

Derradeira etapa da VII Liga de Primaveira e desta vez alonxámonos da costa para subir ata a estación de esquí de Perisher Valley.

Perisher Valley e o val que descansa baixo o Monte Perisher, nas Snowy Mountains. Está ubicado no Concello Rexional de Snowy Monaro e é unha das catro bases do complexo de esquí Perisher. Atópase integrado no Parque Nacional Kosciuszko. O principal acceso ó val é o ferrocarril alpino Skitube, de deseño suizo e posto en funcionamento en 1988.

En Snowy Mountains houbo ocupación aborixe durante miles de anos. Edmund Strzelecki, explorador polaco, foi o primeiro en ascender o monte Kosciuszko, que lle deu o nome dun compatriota. Cara 1930 tivo o boom do esquí en Australia e na década dos 50 comezaron as instalacións de cables remolcadores. As aperturas dos telesillas nos anos 6o foi o detonante da futura instalación do tren alpino Skitube.

Localización

Datos da estación

A Estación South West Rocks está ubicada a -36,24º de latitude e 148,24º de lonxitude e a unha altitude de 1738 metros. Situada, daquela, no estado de New South Wales, foi dada de alta en 2010.

Esta xornada vaise desputar o Domingo 7 de Xuño. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 5 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa.